Benvidos á miña páxina persoal. Son catedrático de Ciencia Política e da Administración na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, Galicia, España. Os meus campos de investigación son a Teoría Política contemporánea, a Historia do pensamento político, e os nacionalismos e federalismos comparados.
Coordino o
Equipo de Investigacións Políticas da Universidade de Santiago, que agrupa investigadores e investigadoras que traballan temas moi variados de Ciencia Política: nacionalismo, federalismo, partidos, eleccións, sondaxes de opinión, liderado, marketing e campañas electorais, xénero e política, historia institucional e conceptual.
Aquí tes o meu
currículo completo e actualizado. Podes tamén consultar e baixar algúns dos meus artigos navegando polo menú da esquerda. Se estás interesado ou interesada nalgunha das liñas en que traballo, con moito gusto recibirei as túas ideas, críticas ou suxestións.