Liñas de Investigación

A miña investigación desenvólvese desde o concepto de cadea operativa, buscando reconstruír a través do mesmo as biografías da materialidade estudada, tendo en conta o contexto e utilizando técnicas arqueométricas. Tendo os materiais utilizados a gran escala territorial un especial interese para o meu porque considero que nos permiten investigar historias máis complexas no espazo e no tempo.

O material principal de partida da miña investigación é a cerámica e os contextos nos que é utilizada, tratando de definir a través do seu estudo como a materialidade cerámica (a súa tecnoloxía, función, hábitos alimenticios, mobilidade, territorialidade, ritualidad, etc) é utilizada e manipulada polas diferentes comunidades humanas para expresar diferenzas sociais nos diversos contextos, considerando que o estudo da cerámica de diversos períodos permite observar como cambia esta materialidade e o seu uso ao longo do tempo.

O meu traballo comezou co estudo de cerámica prehistórica recuperada en xacementos de Galicia, tendo posteriormente a oportunidade de realizar estudos directos en cerámicas campaniformes de Dinamarca e Bretaña.

Traballei así mesmo con cerámica galega da Idade do Hierro e de Época Medieval, e nos últimos tempos estou a investigar tamén cerámica de Época Moderna e Contemporánea, en particular a cerámica vidriada, centrando nestes momentos estes estudos no gres renano, co que traballei directamente en xacementos galegos e canadenses.

Para desenvolver a miña investigación trato de traballar nun ambiente interdisciplinar, no Grupo de Investigación da USC EcoPast ( GI-1553), combinando os métodos que proporcionan a Arqueoloxía e as Arqueometría, co apoio da Antropoloxía Estructuralista e a Antropoloxía da Técnica.

As investigacións asociadas ás miñas distintas liñas de traballo puideron levar a cabo grazas a diferentes estancias financiadas por organismos públicos:

- Estadías de profesores e investigadores sénior en centros extranxeiros Programa "Salvador de Madariaga" 2018, en Departament d’Anthropologie, Université de Montrèal (Canadá). 1 Oct 2018-31 marzo 2019. Subvenionada polo Ministerio de Educación do Goberno de España.

- Investigadora Invitada. Departament d’Anthropologie, Université de Montrèal (Canadá). 1 sept. 2018-31 julio 2019.

- Posdoutoral Francia- Université Paris 1 Panthéon-Sorbonne. Histoire de l´Art et Archéologie (Université Paris). 24/02/2011 - 24/06/2011. Financia o concello de París (Marie de Paris). Programa Lutecia - Research in Paris.

- Posdoutoral Francia - Universidad de París X - Universidad de París I. Maison de l´archéologie et de l´ethnologie- UMR 7055-Préhistoire et Technologie. 06/01/2010 - 06/02/2010. Financia a Xunta de Galicia. Programa de Recursos Humanos. Bolsas para estadías no estranxeiro.

- Posdoutoral Francia - CNRS - Universidad de París X - Universidad de París I. Maison René-Ginouvès, Archéologie et Ethnologie. 26/09/2006 - 30/10/2007. Financia a Xunta de Galicia. Bolsas para estadías no estranxeiro ou centros españois fóra da Comunidade Autónoma.

- Posdoutoral Suecia - Universidad de Gotemburgo. Union Europea. Estadías financiadas polo V Programa Marco (6 meses en los años 2003, 2004, 2006).