Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Pilar Prieto Martinez

Inicio

M. P.  Prieto Martínez, nacida en 1968 en Vigo e doutorada en 1998 pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende novembro de 2010 é profesora Contratada Doutora na área de Arqueoloxía no Departamento de Historia I, estando con anterioridade contratada dentro do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia como investigadora postdoutoral no Departamento de Historia I e o Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe.


Ao longo da súa traxP Prieto Martinez ectoria como investigadora participou en máis de cincuenta proxectos e a súa produción científica supera o centenar de traballos publicados ou en prensa.


As súas liñas de investigación están vinculadas á cultura material cerámica sobre todo prehistórica, nun nivel teórico-metodológico, empírico e interpretativo. O ámbito xeográfico estudado é Europa Occidental, destacando Galicia, Bretaña e Dinamarca. Debido á amplitude xeográfica do fenómeno que estuda, realizou estancias de investigación en Granada, Cambridge, Gotemburgo e París.
O obxectivo xeral do seu traballo é interpretar o xeito na cal exprésanse as desigualdades sociais ao longo do tempo a través das distintas dimensións da cultura material, con especial interese nos contextos campaniformes.


Actualmente é investigadora principal dun proxecto de arqueometría de cerámica antiga galega.