Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Pedro Manuel Lopez Barja de Quiroga

   Presentación

 

 Nacín na Coruña en 1963, e doutoreime na Universidad Complutense en 1990, cunha tese sobre La dependencia económica de los libertos en el Alto Imperio romano: el ejemplo de Ostia.

retrato PLBQFun Profesor Asociado na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e actualmente son Profesor Titular de Historia Antiga na mesma universidade.

Fun Visiting Scholar no Wolfson College (Oxford University) en 2002-2003.

O meu traballo vense centrando na Roma Republicana e Altoimperial e as miñas liñas de investigación fundamentais son tres:

•  pensamento político antigo (Aristóteles e Cicerón, en particular, aínda que no futuro dedicarei unha especial atención aos imperios),

• escravos e libertos na Roma Antiga, e

• epigrafía latina (en particular, a epigrafía xurídica).