Calquera universitario no eido das humanidades ten unha especial débeda cos libros e nunca hai dous iguales par un autor. Cambian unha morea de cousas, de xeito obvio os temas abordados ou a modalidade do libro (investigación, divulgación, edición ou coordinación), pero tamén inflúen circunstancias persoais como a intensidade do traballo e as condicións persoais que rodean a súa aparición.
Dende o punto de vista persoal a miña selección ven marcada polas débedas contraídas cos investigadores cos que tiven a fortuna de colaborar, en neste senso destaca a longa colaboración co arqueólogo Manuel Santos (´Lolo´):
Santuarios culmina uns dez anos de traballo iniciados nunha reunión informal, cara 1998, onde Lolo se preguntaba sobre o senso que poderían ter os podomorfos gravados sobre algunhas rochas nas estacións de arte rupestre de Galicia e onde esta pregunta foi posta en relación con algunhas das claves interpretativas sobre o rol dos pés e da marcha na Historia Comparada das Relixións.
Reseña de M. T. Cioffi (2008): Bollettino di studi latini, 38: 843-845.
Le pendu et le noyé, título de buscadas resonancias “dumezilianas”, é formalmente un ensaio de interpretación en clave comparativa dalgunhas vellas tradicións do Lacio máis antigo. De xeito máis persoal é un texto paralelo a Santuarios… pois provén da vida autónoma que adoptou parte da información comparativa establecida para este libro i é unha exploración de coma os relatos constrúen espacios: nel empezo a esculcar as implicacións da noción de “ topoloxía".
Reseñas:
María del Carmen Escobar Cantero (2000): Boletín de la Sociedad Española de Ciencias de las Religiones, 13: 49-53.
Claude Sterckx (2000): Ollodagos, XIII/2: 315.
Juan José Carracedo Doval (2001): Ilu. Revista de ciencias de las religiones, 6: 289-292.
Inés Sastre (2002): Polifemo. Rassegna bibliografia di storia delle religioni e storia antica.
Paloma Balbín Chamorro (2002): Gerión, 20/2: 664-668.
François Delpech (2003): “Nouvelles perspectives surl’Espagne antique”. En Ollodagos, XVII(2): 277-301. Bruselas.
Mitología y Mitos … III deriva da docencia. Ven da necesidade de encher de contidos unha asignatura de enunciado imposible “Cultura dos Pobos Hispánicos” que tentei interpretar coma una estudio da etnografía antiga sobre a Península Ibérica, os seus contidos e claves, aplicando ademáis o “comparatismo” inspirado por Dumézil. Baseado nas fontes textuais, complementouse máis adiante con Santuarios… onde a cultura material acada protagonismo.
Reseñas :
Jaime Siles (1992): ABC Cultural, No. 31, 5/6/1992, p. 10.
Carlos García Gual (1992): Babelia. Revista de Cultura, 38 (4/6/1992): 16.
Domingo Plácido (1992): DHA, 18/2: 366-367.
Édouard Will (1992): Topoi, 3(1): 267-270.
Fernando Gascó (1993): Habis, 24: 332-333.
Cristina Viano (1994): Revue des Études Anciennes, 96 (3-4): 584-586.
Víctor Alonso Troncoso (1994): “Para una historificación de Heráclito: a propósito de un libro reciente”. En Polis, 6: 5-31.
J. Frère (1998): Kernos, 11: 410.
O meu primeiro libro. Case abondaría con dicir iso e o meu agradecemento a Emilio Lledó, que apoiou a publicación. Trataba, e creo que sego no empeño, de comprender aos filósofos gregos como seres sociais, implicados no espesor histórico que viviron, sen por iso caer nunha visión mecánica e trasnoitada das relacións entre sociedade e pensamento. A reseña de Ed Will, escrita pouco antes do seu falecemento, foi unha honra inesperada.
Resultado principalmente de encargos editoriais, tentei escribir algúns títulos destinados a un público moi amplo. Os problemas da aparentemente inexistente mitoloxía hispánica explícanse en dous pequenos libros.
Reseñas:
Edgar C. Polomé (1999): Journal of Indo-European Studies, 27: 477-478.
Rosa Sanz Serrano (2002): Gerión, 20/2: 794-797.
A versión francesa inclúe o texto definitivo da análise do caso Dumézil incluida en Mitología y Mitos… III (English version of this analysis).
Dende o ano 2000 frecuento aos colegas que durante o seu proceso formativo tiveron algún contacto con Dumézil (falecido en 1986) nos seus derradeiros anos. Tratamos de reunirnos cada dous anos a petición de François Delpech. A reunión de 2004 celebrou se en Santiago de Compostela por iniciativa miña e a de 2006 en Madrid, na Casa de Velázquez, tamén coordinada por François e co meu apoio. A publicación das actas fíxose en Budapest baixo a supervisión de Elisabeth Jerem .
Unha pequena serie de libros reúne textos que expresan distintas fases de elaboración das temáticas que acadaron a súa versión definitiva en Santuarios… As traducións francesa e galega, que teñen case o mesmo título e temática, presentan sen embargo, contidos ben distintos.
De Souveraineté et sanctuaires destaco un capítulo sobre a presentación global das paisaxes de Diodoro de Sicilia sobre a Península combinando ao mesmo tempo a ´ideoloxía trifuncional indoeuropea” coa dicotomía política, propia do seu tempo, entre as figuras ideolóxicas e literarias do tirano e do bo rei.
É habitual distinguir entre capítulos e artigos. É certo que as veces os capítulos son sometidos a peticións expresas dos editores de volumes colectivos ou deseñadores de reunións científicas. Pero ás veces é produto do azar que tal ou cal tema apareza nunha revista ou, coma parte dun libro ou actas de congreso. Por iso presento estas publicacións por temas.
FILOSOFÍAS GREGAS
Nestes tres traballos, de alcance e temática distintas, trato de reflectir a miña comprensión xeral do problema das relacións entre os primeiros filósofos e a vida social das cidades gregas:
A chamativa densidade de filósofos implicados na destrución da colonia grega de Síbaris, no sur de Italia, e a recolonización deste mesmo lugar, mediante a fundación de Turios, deu lugar a unha pescuda que quizais necesite unha síntese, pois aínda me quedan argumentos e temas en carteira …
A intervención de Protágoras en Turios tivo como consecuencia o exame do diálogo platónico homónimo e un traballo derivado da investigación anterior que dediquei a P. Vidal-Naquet, quen lamentablemente non puido chegar a velo.
Outra pequena serie trata sobre os pioneiros da filosofía na cidade de Mileto no século VI.
Abordo por primeira vez a relación entre filosofía e colonización en:
A miña primeira interpretación dunha imaxe deriva do cruce entre a tradución do libro de E. Cantarella sobre os Suplicios Capitales en la Antigüedad e a participación no tribunal da excelente tese de Gabriel Sopeña, onde coñecín o chamado “cagón de Tiermes”, que se podería interpretar como a representación dun suplicio.
Esta exploración iconográfica cruzouse coas investigacións sobre a realeza (infra) para dar inicio a un traballo con Lolo que culmina no libro Santuarios de la Galicia Céltica.
E a mesma inspiración baseada en coma un conxunto estruturado de textos pódense poñer en relación cun conxunto estruturado de imaxes para producir un senso que os explique mutuamente, está tralo traballo feito con Åsa, onde tratamos de dar conta dunha particularidade icónica dos gravados rupestres de Bohuslan (Suecia).
Comezo esta liña de traballo analizando a figura de Viriato cunha metodoloxía “dumeziliana”, pois as tradicións arredor da personaxe presentaban toda unha serie de elementos trifuncionais e formas comparables a outras coñecidas sobre reis da en la tradición indoeuropea.
Este traballo segue unha aplicación “grega” que escribín coma homenaxe a Fernando Gascó:
Máis adiante sistematicei os datos comparativos dende un punto de vista interno á tradición cultural celta, na medida en que pareceume distinguir elementos específicos neste grupo cultural.
A proba de que, en todo caso, as explicacións non son sempre claras e unívocas o representa o caso das parellas de reis ¿son unha institución universal, indoeuropea, celta, xermánica, hispana? ¿é o mesmo realeza que monarquía?
Os traballos sobre os petróglifos podomorfos do ano 2000, reseñados no apartado que titulei en liñas precedentes como ‘Iconografías’, poderían inserirse tamén aquí, así coma os traballos sobre os ritos biscaíños de soberanía, inspirados na lectura dun artigo de François Delpech, sobre os cales aínda teño en carteira algunhas cuestións e un libro a medias con François. Entre tanto podo ofrecer:
Esta liña de traballo non foi buscada. O seu horizonte orixinal está nas investigacións sobre o sacrificio derivado do exame da etnografía clásica sobre Iberia, comentado a propósito del libro Mitología y Mitos III:
Defínese mellor esta liña cos traballos sobre os petróglifos podomorfos reseñados na sección chamada “Iconografías” que se pode consultar máis arriba, ao tempo que o material comparativo que ven do Lacio vai gañando peso:
Este último texto é un resume do libro Le pendu et le noyé… O tema concrétase pouco a pouco tralos artigos sobre os podomorfos. “Imágenes, textos…” é unha primeira sistematización que nos impulsou cara a redacción do libro Santuarios…, mentres que “From rock carvings…” foi unha síntese, finalmente prematura, sobre o noso santuario estrela “A Ferradura” en Amoeiro.
O tema acada a súa madurez co libro sobre Santuarios de 2008 e preséntase nun coloquio sobre a problemática en Roma ao tempo que se prolonga e enriquece mediante a colaboración coa celtóloga Patrizia de Bernardo, permitindo unha relevante comprensión conxunta de tres tipos de fontes diferentes: literarias, arqueolóxicas e lingüísticas.
A sistematización das ideacións espaciais con valencias simbólicas específicas, indoeuropeas, detectadas na Península Ibérica coa axuda do método comparativo abre o estudio das “topoloxías”.
Que esta liña de investigación non é unha especulación puramente persoal é evidente nos libros de autores totalmente alleos entre si pola súa formación e polas temáticas que abordan, así coma polas formas distintas de actualizar a inspiración “dumeziliana”:
Non creo aventurado incluír o meu libro Le Pendu et le noyé…, de xénese á súa vez heteroxénea, desta pequena serie onde o estudio das representacións ideolóxicas, míticas e rituais do espacio se transforma no eixo da investigación. Un primeiro ensaio de sistematización desde o punto de vista da tradición indoeuropea o ofrezo en:
Que examinados cunha perspectiva comparativa permiten esculcar a existencia dun informe celta específico, pero aínda máis intuído que realmente coñecido …
A colaboración con dous astrofísicos, César González e Juan Belmonte, permitiu ampliar o rexistro empírico (temos outros traballos en prensa e preparación) …
… e, sobre todo, facer un plantexamento do fundamento teórico deste tipo de investigación:
O que está no fondo é comprender como dende o eido das relixións da Antigüidade se acomete o interrogante físico das relacións entre o tempo e o espacio. Este interrogante non deriva dunha práctica naturalista e teórica, senon que expresa e concreta de xeito material do santuario o lugar de culto, sexa este construído seguindo modelos monumentais ou indicando con pegadas de sacralización máis febles, ambiguas e polo tanto difíciles de entender e interpretar.
Considero que o progreso desta liña de traballo precisa a multiplicación das observacións empíricas en esferas diversas, das que tratei persoalmente so algúns (ritos de soberanía, definición de “santuarios”, problemáticas arqueoastronómicas), e que debe ir en paralelo cunha reflexión teórica sobre o senso destas aproximacións diversas. Así a topoloxía sería a sistematización dun xénero de discursos e de prácticas sociais asentadas ideoloxicamente que xiran arredor dos espacios e das formas que usan as sociedades á vez de xeito reflexivo e descontinuo.
Unha extensa primeira parte, inédita, da miña tese de doutoramento trataba de explicar a pertinencia dunha mirada dende a historia sobre a nacente filosofía grega. Finalmente os traballos que publiquei recollen esa discusión de forma so parcial. Pero este xeito de traballar seguiu presente, xa que para as distintas temáticas ou orientacións metodolóxicas da investigación, vinme na necesidade de explicar o senso das miñas opción en contraste con outros autores ou coa communis opinio.
A lectura primitivista da protohistoria peninsular estaba profundamente arraigada na academia dende o establecemento dun consenso entre as interpretacións sociais do período ‘de esquerda´ e as explicacións ´de dereita´ que sosteñen a mesma explicación dun dobre proceso de neutralización da tradición interpretativa anterior e o gusto por figuras ‘caudillistas’. A crítica historiográfica cara ese falso consenso, unido a unha lectura das fontes que se libraba deses anteollos plasmouse en dous traballos de certo eco, aínda que menor recoñecemento expreso. En todo caso, os avances da arqueoloxía protohistórica dan fe sobradamente da necesidade de superar aqueles vellos modelos interpretativos.
A inspiración metodolóxica contraria ás interpretacións primitivistas da sociedade protohistórica derivan da antropoloxía social (a obra de Marshal Sahlins e os debates marxistas sobre a diversidade dos modos de produción estaban no fondo) e da imaxe de complexidade ideolóxica, que tantas veces pode ir parella coa pobreza material, que emana da frecuentación da obra de Dumézil. Pero a aplicación desta metodoloxía implica o risco de amancillarse polas polémicas que vían unha tintura ideolóxica pronazi na obra deste autor. Así que tiven que empeñarme nun dobre camiño, explicar a Dumézil, simplemente, e deconstruír os argumentos e testemuñas empregados polos críticos de Dumézil para pescudar o seu fundamento:
Nembargantes as interpretacións ‘primitivistas’ da protohistoria son máis tenaces do que parecía e adquiren tons específicos no estudio da protohistoria do Noroeste. No fondo, a cuestión está en pescudar que fontes poden explotarse e con que fundamento metodolóxico. Esto levoume a criticar con Javier certa lectura primitivista da relixión dos “teónimos galaico-lusitanos” .
A necesidade de precisar un espacio para a reflexión histórica entre as aportacións de lingüistas e arqueólogos se amosa en:
Cos gravados rupestres o problema plantexado era dobre. Ademais das indicadas reticencias primitivistas se pensaba rachar co monopolio da arqueoloxía dos castros para comprender la Idade de Ferro do Noroeste peninsular. Para defender esta opción, que sustenta o traballo dos santuarios, tamén temos discutido cos defensores das opcións tradicionais:
Por último apareceu no horizonte un polemista inesperado, sen o aval dun coñecemento específico do período e dos diversos tipos de fontes que se empregaban no seu estudio, pero cun autoatribuido dominio dos resortes da boa epistemoloxía e da boa deontoloxía profesional, ao que se lle deu resposta en:
A unión entre as lecturas arredor da posición da muller na Grecia antiga e certa curiosidade polo psicanálise deu coma resultado:
En “Esparta versus Tegea” tropecei por vez primeira cos pés, inesperados e tenaces visitantes en outras das miñas investigacións.
Un encargo de Bettina Arnold e Manuel Alberro foi a causa dunha síntese sobre os meus traballos que tratan da Protohistoria do Noroeste peninsular en inglés:
Cruz encargoume unha conferencia para o estructuralismo na historia das relixións, ademais insistiu pedíndome un texto. Para atender á súa solicitude tentei poñer a Dumézil e a Lévi-Strauss fronte a fronte para captar mellor os seus ‘estructuralismos’. De xeito inesperada atopeime cunhas auténticas vidas paralelas…
Tamén tocoume explicar a Dumézil en alemán e en tres páxinas para un dicionario sobre a filosofía francesa do século XX:
E tamén foi un privilexio poder presentar ao lector español, coa axuda de Laurent, as particularidades da singular obra de F. Le Roux e Ch.-J. Guyonvarc’h como prólogo á tradución do seu Druidas: