Marco V. García Quintela, é Catedrático de Historia Antiga na USC. Naceu en Penagos (Cantabria) en 1958, está casado e ten dúas fillas.
Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980, obtivo o Grao de Licenciado (tesiña) en 1981 e o Grao de Doutor o 25 de outubro de 1984. A súa tese titulada Filosofía y Sociedad en la Jonia Arcaica obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento en 1987.
Iniciou a súa carreira profesional na Universitat de València en 1985, onde accedeu á categoría de Profesor Titular (1986). Dende 1991 exerce ese mesmo posto na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi profesor invitado da Ecole Pratique des Hautes Études (París) Section des Sciences Historiques et Philologiques en marzo de 2006 para impartir un ciclo de conferencias arredor do tema Recherches sur les mythes et les rites des monts Albains.
Entre setembro e outubro de 2008 foi invitado pola Escuela Nacional de Antropología e Historia e o Instituto de Investigaciones Antropológicas da UNAM (México) para impartir un curso de posgrao titulado Entre espacio y discurso: la construcción social del paisaje.
Pertence ao Consello de Redacción da revista Cuadernos de Estudios Gallegos. Foi membro do Consello de Redacción da serie TAPA (Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio), editada polo Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento" (centro mixto CSIC-Xunta de Galicia), dende o ano 2001 e é director desta serie dende o 2007.
É Membro de Honra da Société Belge d’Études Celtiques.
É Membro da Sociedad Española de Ciencias de las Religiones .
Coordina o Grupo de Investigación da USC "SÍNCRISIS. Investigacións en Formas Culturais".