Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Marcelino Maneiro Maneiro

Traxectoria académica

• Licenciado en Ciencias Químicas e graduado polo Departamento de Química Inorgánica, Universidade de Santiago de Compostela (USC), 1993.

• Investigador predoutoral visitante no Department of Chemistry da University of Manchester, Institute of Science and Technology (UMIST, Manchester, UK), baixo a supervisión do Prof. Charles A. McAuliffe, 1996-1997.

• Doutor en Ciencias Químicas polo Departamento de Química Inorgánica da USC coa defensa da tese "Fotosíntese artificial: síntese de novos complexos miméticos", dirixida polos catedráticos Manuel R. Bermejo e Antonio Sousa, 1998.

• Investigador Postdoutoral no Department of Chemistry da Princeton University (Princeton, NJ, USA) no grupo de investigación dirixido polo profesor G. Charles Dismukes, 1998-2000.

• Profesor Asociado do Departamento de Química Inorgánica, USC, 1999-2005.

• Investigador visitante no Department of Pharmaceutical and Medicinal Chemistry do Royal College of Surgeons in Ireland (RCSI, Dublín, Irlanda), integrado no grupo de investigación dirixido polo profesor Kevin B. Nolan, 2004.

• Profesor Contratado Doutor, USC, 2006-2007.

• Habilitado para Profesor Titular de Universidade, 2007.

• Profesor Titular de Universidade, 2007-actualidade.