Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Marcelino Maneiro Maneiro

QIBioCat

Equipo de investigación Catalizadores Biomiméticos

M. Isabel Fernández García / Esther Gómez Fórneas / Ana González-Noya / Marcelino Maneiro

Proxectos de investigación abertos:

Catalizadores branqueantes biomiméticos

Andamos á procura de complexos de manganeso cunha actividade catalítica oxidante subliñable, que podan converterse, ligados a outros cooxidantes baratos e ecoloxicamente limpos coma o peróxido de hidróxeno, en axentes branqueantes biomiméticos tanto na industria papeleira coma de deterxentes.

 http://dx.doi.org/10.1080/00958972.2011.633164

Catalizadores da descomposición oxidativa da auga

A descomposición oxidativa da auga transcorre durante o proceso fotosintético, catalizada polo complexo oxidante da auga. Esta reacción libera unha importante cantidade de enerxía polo que se propón coma unha fonte de enerxía alternativa, capaz de substituír aos combustibles fósiles perecedeiros e altamente contaminantes.

http://xlink.rsc.org/?doi=C1CP21154D

Catalasas de manganeso

Os enzima catalasa e superóxido dismutasa xogan un papel de control dos procesos oxidativos a nivel celular, os cales afectan directamente ás enfermidades neurodexenerativas, a varios tipos de cancro e tamén ao avellentamento dos tecidos.

http://dx.doi.org/10.1016/j.jinorgbio.2011.09.002