Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Luis Velasco Martinez

 Historia Contemporánea

 

 

 

 

 

 

 

 

    

 

Liñas de investigación

Actualmente, a miña liña de investigación principal está centrada na temática da miña tese de doutoramento, titulada "La Nación Marcial: El Servicio Militar Obligatorio y la formación patriótica en España, 1898-982". Básicamente o que buscamos é analizar o papel que tivo o servizo militar obrigatorio como axente de construcción nacional do Estado na España do século XX. Esto faime entrar en contacto coa área de didáctica da historia e coa historia militar, entendida nun sentido amplo.

A maiores, veño realizando algunha aproximación ao estudo do fascismo en España, principalmente a través do análise das ferramentas de fascistización da colectividade española en América nas décadas de 1930 e 1940.

Por último, as miñas inquedanzas persoais acerca da utilidade do coñecemento historiográfico para comprender a realidade que nos rodea, levoume a realizar algúns traballos sobre a historia do mundo actual, ou a historia do presente, en relación co campo da Seguridade e a Defensa.

Este tótum revolútum de inquedanzas desperdigadas déixame algo de tempo para participar nalguha aventura de divulgación -libros de bacherelato, a revista Beerderberg, os encontros Beers & Politics, ou a rede Eurodefense-.