Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Luis Velasco Martinez

Sello-CESEG-bueno

 

 

 

 

 

 

 

 


É un centro de investigación de carácter mixto creado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Superior de Estudios da Defensa Nacional (CESEDEN). Constitúe un foro de estudo, investigación, formación e divulgación académica, que explora novas liñas de investigación dinámicas e multidisciplinares, primando o estudo da seguridade, a intelixencia e os estudos estratéxicos, contribuíndo así á difusión e mellora da “cultura da seguridade e da paz".

A miña liña de investigación principal está moi ligada á historia militar e á historia dos conflictos bélicos e á historia da violencia en xeral, polo que fun convidado a formar parte de este centro de investigación interdisciplinario da USC e o CESEDEN. Ademais, tamén participo como docente e coordinador no seu Máster en Seguridade, Paz e Conflictos Internacionais. Unha titulación completamente on-line que comezará a súa andaina en outubro de 2016.

Podedes consultar a nosa web, remitirnos un correo electrónico a ceseg@usc.es e as nosas actividades no noso Facebook.