Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Jose Antonio Pardiñas Garcia

A Estación de Referencia GNSS (ERGNSS LUGO) xa está funcionando.


Recentemente o Instituto Xeográfico Nacional (IGN) puxo en marcha unha Estación de Referencia GNSS que servirá para poder traballar en Tempo Real con GPS de precisión subcentimétrica a todo usuario que dispoña de conexión GPRS e se encontre nun radio de distancias entre 0 e  30 quilómetros, contados dende a posición da Base de Referencia, situada na terraza do Pavillón II da Escola Politécnica Superior de Lugo, con calquera marca de receptor bifrecuencia, sin mais que darse de alta na páxina que o IGN ten preparada para ese fin.  O seu identificador será LUGO.

Esta Base GPS queda integrada na rede de Estacións Permanentes GNSS (Rede ER GNSS) que o IGN ten por toda España e é a terceira de Galicia, xunto coas de A Coruña (ACOR) e Vigo (VIGO).

Para outro tipo de precisións poden usarse as correccións RTK ou postproceso con datos desta Base en radios superiores aos 80 quilómetros.

Os datos para postproceso xa están dispoñibles no ftp do IGN.

Dende o día 20 de xullo de 2011 xa estará  rematado o cálculo da posición precisa da Base e activarase o proceso de corrección en Tempo Real (RTK) mediante conexión GPRS.

Hai que indicar que as Bases do IGN funcionan de xeito individual, non en rede de momento, polo que o usuario ten que darse de alta gratis no caster do IGN e logo seleccionar a base que lle interese por distancia, no listado que se presenta na controladora do seu GPS.

 

Enlaces de interés para a xestión, conexión e datos informativos:

 

Rexistro, información e documentación: http://www.ign.es

Acceso a caster do IGN:  http://ergnss-ip.ign.es

Anuncio da base: http://www.01.ign.es/ign/layoutIn/actividadesGeodesiaGnss.do

Ficha informativa da base:  http://www.01.ign.es/ign/layoutIn/geodesiaEstacionesPermanentes.do

Descarga gratuita de datos RINEX para usar en postproceso:   ftp://ftp.geodesia.ign.es/ERGNSS/

Información de EUREF (European Reference Frame):  http://www.epncb.oma.be   -   http://www.euref-iag.net

Cálculos Xeodésicos e Mapa das Estacións Permanentes de Referencia GNSS en España - PAG

Foto1 da Base LUGO    -     Foto 2 da Base de LUGO



Lugo, 30 de xuño de 2011.