Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Jose Antonio Pardiñas Garcia

 

A materia e Topografía (To_EFEMN) - G4071230 incluída no Plano de Estudos de Grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural incorpora novidades de contidos en relación a súa equivalente nas Titulacións a extinguir de E. T. Forestal.

Recoméndase ás alumnas e alumnos da materia que consulten todas a información relativa a contidos e criterios de avaliación, na Guía Docente ou no Programa que se enlaza aquí ou que pode encontrarse na páxina oficial da EPS.

A organización da docencia Teórico-Práctica queda fixada na Guía Docente e no Programa Oficial da materia, documentos nos que se establecen os diferentes Temas Principais e se fixan criterios de seguimento e avaliación do aproveitamento das alumnas e alumnos. No Programa Xeral tamén se suxiren contidos de axuda importante no apartado de Bibliografía e Webgrafía.

No Programa desenvolvido en Unidades Didácticas establécense as ligazóns con todos os temas de Teoría e cantos documentos de interés proporcione o Profesor para libre uso do alumnado.

O desenvolvemento das actividades lectivas e complementarias para as materias das Titulacións de Grao é especial e obriga a preparar un calendario semanal para organizar perfectamente, sobre todo, as actividades Prácticas e de Titorías Interactivas.

No documento ao que se accede polo enlace "CalendHorario" pode consultarse o horario para cada mes das accións formativas de Teoría, Prácticas e Titorías Interactivas.

No documento "Calendario Exames" indícanse as datas e horas de exames parciais, entrega de Traballos e Proxectos de Prácticas propostos polo Profesor e tamén as datas e horas dos Exames Finais das Convocatorias aprobadas e publicadas pola EPS.

En caso de discrepancia, os exames finais sempre serán feitos nas datas oficiais publicadas pola EPS.