A materia de Deseño Xeométrico de Obra Lineal está definida no Plan de Estudos do Grao de Enxeñaría Xeomática e Topografía, como unha materia de prácticas ligada a Topografía de Obras.
A organización da docencia Práctica queda fixada na Guía Docente e no Programa Oficial da materia, documentos nos que se establecen os diferentes Temas Principais e se fixan criterios de traballo para poder avaliar o aproveitamento das alumnas e alumnos.
BLOQUE 1. Execución Práctica de operacións básicas de obra
BLOQUE 2. Replanteo de estructuras
BLOQUE 3. Deseño, cálculo e replanteo dun proxecto completo de obra lineal
Programa utilizado: Protopo 6.1
Módulos:
DATOS PARA PRÁCTICAS LABORATORIO FASE BETA
PROXECTO A PRESENTAR PARA AVALIACIÓN.
Cos datos de campo medidos con GPS, disponibles no enlace "Prácticas GPS", correspondentes á vaguada donde se encontra o anfiteatro, realizar un mini proxecto de un vial, con tres aliñacións rectas e dúas curvas de diferente sentido, con acordos horizontais compostos de arco e clotoides, que se entregará comprimido, co nome de arquivo "APELIDOS-NOME.ZIP". O vial deberá iniciarse na rotonda que está en Alfonso X el Sabio frente á Facultade de Ciencias e rematará no parking da EPS ou na rúa que rodea a carballeira da Facultade de Veterinaria. Deberá ter dous carrís de 3,5 metros e arcén e cunetas como unha vía interurbana.
O arquivo comprimido conterá os seguintes datos: *.cdr de coordenadas; *.dwg de debuxo para cada debuxo necesario e/ou xenerado; *.mdt do Modelo Dixital do Terreo e curvado con equidistancia de 0,50 metros; *.pla de planta cos acordos calculados, os PKs cada 10 metros e datos para replaneamento; *.lon de perfil lonxitudinal para terreo, rasante cos acordos verticais e terra vexetal debuxado coa súa guitarra completa; *.trn de transversais do terreo, terra vexetal e sección tipo elaborada en arquivos *.stp; *.vol de cálculo de volumes. Factor de escala para os debuxos de perfiles = 5.
Breve explicación do traballo realizado e do manexo de Protopo 6.1 e do GPS Leica Viva GS08.
O arquivo comprimido de todo o proxecto pedido deberá ser remitido ao correo_e: proipra@gmail.com indicando como asunto PX_DXOL. O plazo de entrega será a data do Examen 1ª Edición.