Intereses científicos

Son matemático e biólogo e traballei como investigador e docente nos campos de xenética de poboacións e cuantitativa. Apliquei modelaxe matemática en bioloxía evolutiva e xenética cuantitativa. En concreto, establecín unha liña de traballo para unificar e xeralizar modelos de efectos xenéticos e ambientais e apliquei tales desenvolvementos para facer achegas biolóxicas sobre a arquitectura xenética de rasgos e os condicionamentos que esta impón na acción da selección. Na actualidade estou focado na aplicación e divulgación destes desenvolvementos matemáticos en bioloxía evolutiva, xenética cuantitativa e medicina de precisión.