Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Jesus Angel Varela Carrete

Investigación

O desenvolvemento de novas reaccións químicas que permitan un aumento considerable da complexidade molecular a parti de sustratos facilmente dispoñibles, que se axusten ó principio de economía atómica e sexan respetuosos co medio ambente é unha área de máximo interese dentro da investigación en química orgánica. De entre o arsenal de reaccións químicas dispoñibles para este fin, as reaccións catalizadas por metais de transición ocupan un lugar prominente na construcción de sistemas policíclicos complexos baixo condicións moi suaves.

O avance experimentado pola química computacional permite a predicción de importantes propiedades físicas e químicas dos intermedios involucrados nas reaccións catalizadas por metais de transición, especialmente nos casos nos que son difíciles de obter experimentalmente.

Cicloadición "formal" [4+2+2] catalizada por rutenio entre 1,6-diinos e 1,3-dienos

Invest1

 

 

 

 

 

 

A reacción de 1,6-diinos e 1,3-dienos catalizada por Ru(II) da lugar á formación de 1,3,5-ciclooctarienos en bos rendimentos.

Varela, J. A.; Castedo, L.; Saá, C. Org. Lett. 2003, 5, 2841-2844.

Cicloadición "formal" [2+2+2] catalizada por rutenio entre 1,6-diinos e alquenos acíclicos

 Invest2

 

 

 

 

 

A reacción de 1,6-diinos y alquenos acíclicos catalizada por Ru(II) da lugar á formación de 1,2-ciclohexadienos en rendimentos moderados a bos.

Varela, J. A.; Rubín, S. G.; González-Rodríguez, C.; Castedo, L.; Saá , C. J. Am. Chem. Soc. 2006, 128, 9262-9263.

Cálculos DFT sobre as reaccións de cicloadición "formal" [2+2+2] catalizadas por rutenio

 calculos

Perfil de reacción correspondente á reacción de cicloadición "formal" [2+2+2] catalizada por Ru(II) entre acetileno e propeno usando B3LYP coa base doble-z LANL2DZ para describir os electróns do rutenio e a base 6-31G* para tdolos demás átomos (G en Kcal mol-1 a 298 K e 1 atm.).

Varela, J. A.; Rubín, S. G.; Castedo, L.; Saá, C. J. Org. Chem. 2008, 73, 1330-1332.

Reaccións de ciclación catalizadas por Ru(II) de alquinais terminais

 Invest3

 

 

 

 

Alquinais terminais en presencia de cantidades catalíticas de especies de Ru(II) dan lugar á formación de cicloalquenos.

Varela, J. A.; González-Rodríguez, C.; Rubín, S. G.; Castedo, L.; Saá , C. J. Am. Chem. Soc. 2006, 128, 9576-9577.