Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Francisco Javier Gonzalez Garcia

   Presentación

Javier-Gonzalez-Garcia

Francisco Javier González García (A Coruña, 1964), Profesor Titular do Departamento de Historia I da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciado en Xeografía e Historia pola USC en xuño de 1987. Obtención do Grao de Licenciado en setembro de 1989 e do Grao de Doutor en marzo de 1995, tamén pola USC. Premio Extraordinario de Doutoramento, Sección Historia, Facultade de Xeografía e Historia, en xaneiro de 1996.

Con anterioridade á súa incorporación á USC no 2003 como Investigador Parga Pondal, impartiu docencia na Universidad de Las Palmas de Gran Canaria (durante o curso 1999-2000) e na Universidade de Vigo (durante o curso 2001-2002).

Investigador Predoutoral no “Centre Louis Gernet de Recherches Comparées sur les Sociétés Anciennes”, Unité de recherches associé no CNRS U.R.A. 040884 – École des Hautes Études en Sciences Sociales, de París (durante o curso 1991-1992) e Investigador Posdoutoral dentro do Equipo de Investigación THEMAN (Textes, Histoires et Monuments de l’Antiquité au Moyen Age), Laboratoire “Archéologie et Sciences de l’Antiquité (UMR 7041), Maison de l’Archéologie et l’É thnologie René Ginouvès, Université de Nanterre-París X en Nanterre, Francia (durante o curso 2007-2008).

Gañador do XII Premio de Investigación Xesús Taboada Chivite do Concello de Verín (Ourense) no ano 2000.

Membro do Groupe de Contact Interuniversitaire G17 “Etudes Celtologiques et Comparatives” do Fond National de la Recherche Scientifique Belgue.