Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Maria Elena Vazquez Cendon

Proxecto Iber

Iber é un modelo matemático bidimensional para a simulación de fluxos en ríos e estuarios promovido polo Centro de Estudios Hidrográficos del CEDEX e desenvolto en colaboración co Grupo de Enxeñaría da Agua e do Medio Ambente, GEAMA (da Universidade de A Coruña) co que colabora a profesora Elena Vázquez Cendón, o Grupo Flumen (de la Universitat Politècnica de Catalunya UPC y de la Universitat de Barcelona UB) e o Centro Internacional de Métodos Numéricos en Ingeniería, CIMNE (vinculado á Universidad Politécnica de Cataluña UPC), no marco dun Convenio de Colaboración suscrito entre o CEDEX e a Dirección General del Agua.

Ligazón proxecto Iber

 

Primeiro Workshop Iber

logoiberO Workshop Iber pretende ser un foro para a comunicación entre usuarios e desenvolvedores do modelo Iber, aberto á participación de universidades, consultorías ou administracións públicas que utilicen o modelo Iber ou estén interesados na modelización numérica en hidráulica fluvial.

Para máis información convídoche a entrar na ligazón do Workshop Iber