Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  María Elena Vázquez Abal  »  Queres estudar o grao en Matemáticas?

Que teño que ter estudado?

que_teno_que

Se estás lendo esto está claro que che gustan as matemáticas, e eso é algo indispensable para estudialas. Nesta páxina podes atopar os requisitos legais e algúns consellos por se quixeras estudar este grao.

 

VÍAS E REQUISITOS DE ACCESO AO TÍTULO

Para acceder aos ensinos oficiais de Grao requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de selectividade, sen prexuízo dos demais mecanismos de acceso
previstos pola normativa vixente.

 

PERFIL DE ACCESO RECOMENDADO

Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, o alumnado pode ser admitido na titulación de Grao de Matemáticas se reúne os requisitos de acceso que establece a lei de límite de prazas, para o ingreso no Grao en Matemáticas recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil científicotecnolóxico. Dentro dese perfil, ademais das matemáticas, resulta recomendable, pero non imprescindible, haber cursado materias de bioloxía, física e química.

 

Calidades desexables do futuro/a estudante do Grao de Matemáticas:
-Gusto por resolver problemas
-Habilidade no cálculo
-Rapidez mental
-Visión xeométrica no espazo
-Capacidade de razoamento lóxico

 

 Se queres saber máis podes consultar a Memoria do título de Grao en Matemáticas páx. 26