Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Blanca Ana Roig Rechou

Méritos

DOCENTES:

- Formei parte do Seminario Permanente de Literatura Galega para o COU dende 1986 a 1989.

- Formei parte do Claustro universitario dende a súa creación ata 1990, e dende 1998 a 2006.

 

DE XESTIÓN:

- Formei parte de Tribunais de Selectividade e das Comisións de Avaliación dende o curso 1986 ao 1991.

- Formei parte de Tribunais de Oposición, Comisiones de Avaliación, Comisións para xulgar memorias de licenciatura etc.

- Formei parte de diversas comisións nos centros de traballo e no Departamento de Filoloxía Galega.

 


DE INVESTIGACIÓN:

MEMBRO DE COMITÉS CIENTÍFICOS E DE REDACCIÓN DE REVISTAS.

- Membro do Consello de redacción da revista universitaria Boletín Galego de Literatura dende 1989 a 1994.

- Secretaria da revista universitaria Boletín Galego de Literatura dende 1995 a 1998.

- Membro do Comité científico da revista universitaria Boletín Galego de Literatura dende 1998 á actualidade.

- Asesora e colaboradora en Enciclopedia Galega Universal, t. 1 (a-anei),2 (anel-balb) e 3 (balc-braq), Vigo: Ir Indo Edicións, 1999.

- Membro do Comité de redacción/Editorial Committee, do Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (AILIJ), publicación da Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil y Juvenil, dende a súa creación en 2001 ata 2011, ano no que pasei a ser membro do Consello de Dirección/Editorial Board. (ISSN: 1578-6072).

- Membro do Consello Editorial da revista OCNOS (Revista de estudios sobre Lectura) dirixida por Pedro C. Cerrillo e Santiago Yubero. CEPLI (Centro de Estudios de Promoción de la Lectura y Literatura Infantil), Facultad de Educación y Humanidades de Cuenca dende 2005.

- Membro do Consello Editorial da revista on-line Tigre albino (http://capparelli.com.br/tigrealbino/quem.php).

- Sub-directora de Malasartes (Cadernos de Literatura para a Infância e a Juventude) e membro do Consello Científico da revista Malasartes, na súa segunda etapa iniciada en 2007.

- Membro do Comité Científico da revista A cidade de Évora. Boletím de cultura da Cámara Municipal (ISSN 0971-1992).

- Revisora da revista @tic. revista d’innovació educativa (www.uv.es/atic).

- Revisora da revista Quaderns de Filologia (da Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació de la Universitat de València) (ISSN 1135-416X).

- Revisora da revista dixital Impossibilia, Revista Internacional de Estudios Literarios (Asociación Cultural Impossibilia, editada dende 2011 con periodicidade semestral, http://www.impossibilia.org/) (ISSN-e 2174-2464).

- Directora de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil (revista anual en acceso aberto, plataforma revUSC de revistas dixitais da Universidade de Santiago de Compostela, http://www.usc.es/revistas/index.php/elos) (ISSN-e 2386-7620).

 


MEMBRO DE COMITÉS CIENTÍFÍCOS E ASESORES DE CONGRESOS.

- Participación como experta-invitada no Congreso Internacional “El inicio de la lecto-escritura en Educación Infantil”, celebrado en El Escorial os días 24, 25 e 26 de maio de 2002 e organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (Secretaría General de Educación y Formación Profesional e o Instituto Superior de Formación del Profesorado).

- Membro do Comité Científico, do Comité de Organización e da Secretaría executiva do Congreso hispano-luso de literatura infantil e xuvenil “Narrativa e promoción da lectura no mundo das novas tecnoloxías”, organizado pola OEPLI e APPLIJ e celebrado os días 17, 18, 19 e 20 de setembro de 2002 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

- Membro da organización dos Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil, celebrados en Porto, na Biblioteca Almeida Garrett, en novembro ou decembro dende 2004-2014.

- Membro do Comité Científico do III Congreso Ibérico de Literatura infantil: “Lectura, identidades y globalización” (Valencia, 2005).

- Membro do Comité Científico do II Congreso de literatura Infantil y Juvenil, “Leer/Placer”, organizado polo Grupo Editorial Luís Vives e celebrado en Baeza (Jaén) os días 26 e 27 de outubro de 2007 na Escuela Universitaria “Cardenal Cisneros”, Alcalá de Henares. Madrid.

- Membro do Comité Científico do V Congreso ANILIJ “Identidad/es”, que se celebrou na Universidade de León os días 21, 22 e 23 de novembro 2007.

- Membro do Comité Científico do IV Congreso Ibérico da OEPLI “Leo diferente: el libro infantil y juvenil desde la diversidad cultural.”, que se celebrou en San Sebastián os días 3, 4 e 5 de xullo de 2008.

- Membro do comité organizador do 19th Congress of International Research Society for Children’s Literature “Children’s Literatura and Cultura Diversity in the Past and the Presente”, 8-12 agosto 2009.

- Membro do comité organizador do VI Congreso Internacional de la Asociación ANILIJ “La oralidad y el mito. Rescate de la imaginación infantil y juvenil en el siglo XXI”, que se celebrou en Guadalajara (México) os días 24-27 de novembro de 2009.

- Membro do Comité Científico do 32º Congreso Internacional do IBBY, “A forza das minorías”, que se celebrou en Santiago de Compostela os días 8, 9, 10, 11 e 12 de setembro de 2010.

- I Colóquio Internacional “Literatura Infantil e Mundo Globalizado”, que se celebrou no Instituto de Educação da Universidade do Minho (Braga) os días 28 e 29 de xaneiro de 2011.

- I Jornadas Internacionales “Investigar en Literatura Infantil y Juvenil”, que se celebrou na Facultad de Ciencias da Educación y Humanidades de Cuenca os días 10 e 11 de marzo de 2011.

- Membro do Comité Científico do II Simposio Internacional sobre perspectivas de investigación e innovación didáctica en formación receptora: “Leer Hipertextos”, Barcelona, 28-31 setembro 2011.

- Membro da Comisión Organizadora dos 17os Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil “O álbum na literatura para a infância”, Escola Superior de Educação, Porto, 2-3 decembro 2011.

- Membro do Comité Organizador das II Jornadas Internacionales de Crítica e Investigación en Literatura Infantil y Juvenil “La familia en la Literatura Infantil y Juvenil”, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Vigo, 10-11 maio 2012.

- Membro do Comité Organizador do Seminario/Workshop Internacional “A Literatura Xuvenil e os premios literarios a debate”, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 5-7 setembro 2012.

- Membro do Comité Científico das I Jornadas Internacionales de Literatura Infantil y Juvenil, Promoción de la Lectura y Prácticas Educativas, Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo, Vigo, 15-17 novembro 2012.

- Membro da Comisión Organizadora dos 18os Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil “Literatura para a Infância e a Juventude e Educação Literária”, Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico, Porto, Portugal, 6-7 decembro 2012.

- Membro do Comité Organizador das III Jornadas Internacionales de Crítica e Investigación en Literatura Infantil y Juvenil “¿Me traduces una historia?: la traducción en ámbito infantil y juvenil”, Scuola di Lingue e Letterature, Traduzione e Interpretazione Vicepresidenza, Sede di Forlì, Università di Bologna, Italia, 25-27 marzo 2013.

- Membro do Comité Científico do III Simposio Internacional sobre perspectivas de investigación e innovación en formación receptora “Redes hipertextuales en el aula. la educación literaria y la e-literatura desde la minificción”, organizado polo Grupo de Formación Receptora: Análisis de Competencias (FRAC), o Departament de Didàctica de la Llengua i la Literatura, a Facultat de Formació del Professorat de la Universitat de Barcelona, en colaboración co ICE da UB, celebrado en Barcelona, 25-27 setembro 2013.

- Membro da Comisión Organizadora dos 19os Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil “Formar leitores. Obras ”, Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico, Porto, Portugal, 28-29 novembro 2013.

- Membro da Presidencia, con José António Gomes, da Comisión Organizadora dos 20os Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil "De como a Literatura para a Infância e a Juventude 'é chamada à guerra”, Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico, Porto, Portugal, 12-13 decembro 2014.

-Membro do Comité Científico do 1er Congreso Internacional "Calidad y excelencia educativa: los retos de la educación en el siglo XXI" (CICEE2015), organizado por Familias Mundi e que se celebrará no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de febreiro de 2015.

- Membro do Comité científico da 11th The Child and the Book Conference, centrada na temática “Children’s Literature: Fractures and Disruptions”, organizada polo Departamento de Educación da Universidade de Aveiro (Portugal) e que se celebrará nesa Universidade do 26 ao 28 de marzo de 2015.

- Membro do Comité Científico das “II Jornadas Internacionales de Literatura Infantil y Juvenil en diversas áreas del conocimiento: valores educativos”, organizadas pola Escola de Maxisterio CEU-Vigo, e que se celebrarán en Vigo os días 6 e 7 de abril de 2015.

- Membro do Comité Organizador do X Congreso Internacional da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ), centrado en “Nuevos temas en la LIJ: Muerte, Naufragios, Guerras, Desastres... en la Tierra y en el Mar”, organizado pola citada ANILIJ da Universidade de Vigo e que se celebrará na cidade de Vigo os días 23 e 24 de abril de 2015.
 

  
ESTADÍAS NOUTRAS UNIVERSIDADES.

- Estadía de 15 días (1-15 febreiro 2003) na Universidade de Puerto Rico, “Recinto de Río Piedras” participando en Intercambio de coñecementos con profesores e estudantes, invitada polo Departamento de Estudios Hispánicos con motivo da conmemoración do Centenario da Universidade.

- Estadía dun mes (8 setembro-8 outubro 2011) na Faculdade de Ciências e Letras da Universidade Estadual Paulista “Júlio de Mesquita Filho”UNESP- Assis (Brasil).

- Estadía dun mes (1-31 abril 2013), no Instituto de Educação da Universidade do Minho (Portugal).
 

 

OUTROS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

- Directora das teses de doutoramento defendidas de Mónica Domínguez Pérez (codirixida con Fernando Cabo Aseguinolaza), Sara Raquel Duarte da Silva (codirixida con Fernando Fraga Azevedo da Universidade do Minho), Isabel Mociño González e Paula Raquel da Silva Patriarca de Oliveira Paiva Ribeiro (codirixida con Maria Conceição Meireles Pereira da Universidade do Porto).

- Membro do tribunal da Tese de doutoramento de Carina Miguel Figueiredo da Cruz Rosa Rodrigues, defendida na Universidade de Aveiro.

- Directora das teses de doutoramento en curso de Eulalia Agrelo Costas, Mónica Álvarez Pérez, Pilar Bendoiro Mariño, Mª del Carmen Ferreira Boo, Vanessa Regina Ferreira da Silva, Geovana Gentili Santos, Marta Neira Rodríguez, Karina de Oliveira e Ánxela Rodríguez Rodríguez.

- Directora da tesiña de licenciatura de Eulalia Agrelo Costas.

- Directora dos traballos de investigación titorizados (TITs) que deron como resultado a obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) ao rematar a “etapa de formación” do doutoramento de Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Vanessa Ferreira dos Santos, Geovana Gentili, Isabel Mociño González, Alicia Munín Munín, Marta Neira Rodríguez e Amaya Obata Mourinho.

- Titora dos traballos Fin de Máster (TFM) de Mónica Álvarez Pérez.

- Titora dos traballos de Fin de Máster profesionalizadores (Máster de edición interuniversitario) de Patricia Sóñora Rey, Hugo Todea Cabaleiro e Raquel Amado Vila.

- Titora dos traballos de Fin de Máster profesionalizadores (Máster en profesorado de ensino secundario obrigatorio e bacharelato. Formación profesional e ensinanza de idiomas) de Ana Graña Murujosa, Carmen Coll Pons e Verónica Hermida López.

- Titora dos traballos de Fin de Máster profesionalizadores en Estudos da Literatura e da Cultura de Ana Soares e Valeria Ribeiro Soarez.

- Titora dos Traballos de Fin de Grao (Mestre de Primaria) de Berta Dávila Fernández, Rebeca Ferrín, Ana Flores González, Sandra Souto, Sonia Barcala Sanmarco e María Vázquez.

-  Titora dos Traballos Fin de Grao (Mestre de Infantil) de Ana María Martínez Bua.



OUTROS MÉRITOS:

- Son membro da Asociación de Renovación Pedagóxica “Nova Escola galega”.

- Son membro da Asociación Galega de Tradutores.

- Fun membro de GALIX (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil) dende a súa creación en 1989 até 2010. Nesta asociación ocupou os seguintes cargos en varias Xuntas directivas:

  • Vocal de 1996 a 1998.
  • Presidenta de 1999 a xaneiro 2004.
  • Vicepresidenta de xaneiro de 2004 a outubro de 2005.

- Son membro de ANILIJ (Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil y Juvenil) dende a súa creación á actualidade. Dende o ano 2010 é presidenta desta Asociación.

- Son membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil (ELOS) na que desempeña o cargo de presidenta desde o inicio das súas actividades (2006).

- Son membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) a través da súa sección de “Crítica”.

- Son membro da Asociación da Antigos Alumnos e Amigos da USC na que desempeña dende o ano 2010 unha vogalía e dende 2012 son vicepresidenta.

- Son membro de CEDRO (Centro Español de Derechos Repográficos).

- Fun membro do “Círculo Ourensán-vigués” e participou activamente nas múltiples iniciativas culturais levadas a cabo por esta Institución: organización de faladoiros, concursos literarios ou como secretaria do Xurado de Creación Literaria, un dos que constitúen os chamados PREMIOS DA CRITICA que na actualidade son convocados pola FUNDACIÓN PREMIOS DA CRÍTICA.

- Formei parte de diversos xurados para premiar obras de Literatura Infantil e Xuvenil (nacionais e internacionais) e de Literatura en xeral.

  • Merlín (1986)
  • Barco de Vapor (1987)
  • Alcoube (1988)
  • Premios da Crítica de Galicia
  • Premio Andersen
  • Lista de Honor do IBBY
  • Premio Lazarillo
  • Premio Nacional de literatura
  • Na Vangarda 2004 de relato curto
  • Federación de Libreiros (2006)
  • Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2006)
  • Irmandade do Libro (2006)
  • Antigos Alumnos e Amigos da USC (2008, 2009, 2010)
  • AGADIC (2009)

- Participei e participo en programas culturais de radio, TV, mesas redondas, coloquios, presentacións de libros, etc.

- Formei parte da Mesa do Libro e da comisión encargada de facer a proposta de lei sobre “O libro e a lectura”, dende o ano 2000 a 2006. Esta lei foi aprobada polo Parlamento Galego e publicada no DOG do día 10 xaneiro de 2007.

- Coordino dende maio de 2010 a páxina semanal sobre Literatura Infantil e Xuvenil que se publica semanalmente en El Correo Gallego. Nesta páxina analízanse criticamente obras de creación e monografías publicadas nas linguas do Marco Ibérico e Iberoamericano ou traducións a esas linguas, ademais de trazar unha breve historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega e destacar brevemente eventos relacionados con esta literatura. Algúns mostras desta colaboración semanal poden seguir pola páxina en liña da Rede LIXMI http://www.usc.es/gl/proxectos/lijmi/ e pola páxina en liña deste xornal compostelán: http://www.elcorreogallego.es/.

- Son membro do Comité asesor das coleccións “Las amistades de Hércules” e “Los imperdibles de Hércules”, de Hércules de Ediciones.

- Fun supervisora das memorias do Practicum II (Grao de Primaria), Curso 2012-2013:
- Sonia Barcala Sanmaro. Maio 2013.
- Sandra Caneda Mato. Maio 2013.
- Iria Creo Santiago. Maio 2013.
- Jessica Fernández Mosquera. Maio 2013.
- Nuria Romero Lestón. Maio 2013.

- Fun supervisora das prácticas de alumnado do Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura durante o curso 2013-2014 realizadas por Baruk Domínguez Grandío e Alba Rozas Arceo.