Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Blanca Ana Roig Rechou

 

Actividade investigadora desempeñada e recoñecida

- Tese de Licenciatura titulada Análise da narrativa da Colección Lar, dirixida polo Dr. Ramón Lorenzo Vázquez, lida na Facultade de Filosofía y Letras, da Universidade de Santiago de Compostela, xuño 1983. Cualificada con: Sobresaliente.

- Tese de Doutoramento titulada A Literatura Galega Infantil. Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade, dirixida polo Dr. Ramón Lorenzo Vázquez, lida na Facultade de Filoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela, Nadal 1994. Cualificada con APTO CUM LAUDE e publicada na Microficha nº 578. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 1996.

- Membro do equipo que levou a cabo o "Inventario de voces para un Diccionario Galego de Literatura. Con claves biobibliográficas para cada voz" (1989). Dirixido por Anxo Tarrío Varela e integrada nun equipo formado por: Mª Carme Ares Vázquez (Profesora Titular da EU de FP de EXB, de Lugo), Modesto Hermida García (Profesor de I.B.), Xesús Rábade Paredes (Profesor Agregado I.B.), Mª do Carme Ríos Panisse (Catedrática de I.B.) e Xosé Luís Sánchez Ferraces (Profesor Titular da EU de FP de EXB, de Pontevedra).

- Coordinadora do Proxecto "Informe de Literatura 1995 e 1996", realizado no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro ao abeiro dun Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Educación e Organización Universitaria da Xunta de Galicia. Publicados polo mesma Institución en 1996 e 1997, respectivamente.

- Directora do proxecto de investigación "Informes de Literatura", dende 1997 á actualidade, realizado no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, hoxe Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ao  abeiro dun Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Educación e Organización Universitaria da Xunta de Galicia. Proxecto que se plasma anualmente coa publicación dun volume e dun CD-ROM, nos que se recolle en ficha e cunha descrición, o máis obxectiva posíbel, todo o que se produciu no ano en Literatura galega e tamén todo o que sobre ela se publicou en Galicia, en España e no exterior. A partir do 2000 só se publica  este traballo en CD-ROM. A partir do 2005 poden consultarse todos os Informes na web do Centro (www.cirp.es/recursos)

- Dende 1994 membro do grupo que leva a cabo o proxecto "Dicionarios", dirixido por Anxo Tarrío Varela, que se está a realizar no mesmo centro anterior. Proxecto que xa se materializou coa publicación do primeiro (a-d) e segundo volume (e-h) do chamado Diccionario de termos literarios, actualizado día a día na web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, apartado "Bases de Datos" (http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI), un dos moitos dicionarios que están en marcha.

- Coordinadora do contrato-convenio "O camiño de Santiago na literatura infantil e xuvenil en galego", asinado entre a Xunta de Galicia, Xerencia do Xacobeo, e a Universidade de Santiago de Compostela, 2004-2005.

- Directora do grupo de investigación CELT e membro do grupo LITAXXI, que figuraron inscritos no Rexistro da USC. Dende o ano 2004 estes grupos refundíronse no chamado LITER21 (GI-1839), coordinado polo catedrático de universidade Anxo Tarrío Varela até o ano 2008 e por Blanca-Ana Roig Rechou dende ese momento até a actualidade.

- Membro da Unidade de investigación “Literaturas infantís e xuvenís e a súa tradución”, que ten como investigadora responsábel a Veljka Ruzicka Kenfel. Nesta unidade, que contou co financiamento da Xunta de Galicia (Referencia: 2006/48-0; Clasificación orgánica H704), están incluídos os grupos “Literatura Infantil y Juvenil anglogermana y su traducción” (AI1), cuxa coordinadora é Veljka Ruzicka; LITER21 (GI-1839 E), coordinado por Blanca Ana Roig Rechou; Literatura Española (FE1), cuxo Investigador Principal (IP) é José Montero da Universidade de Vigo; “Literacine FE3”, cuxa IP é Carmen Becerra, da Universidade de Vigo, e “Literatura Española de la Edad Media” (LM1), cuxo IP é Antonio Chas, tamén da Universidade de Vigo.

- Investigadora Principal (IP) da Rede Temática LIJMI (Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico) financiada para a súa formación polo Ministerio de Educación y Ciencia (HUM2004-20052-E) (HUM2005-23895-E/FILO). 

 - Investigadora principal do Proxecto “A Guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil (1975-2008) nas linguas de España”, período de execución 02/12/2009-01/12/2012 (Cod Organismo INCITE09 214 089 PR, Organismo Dirección Xeral de I+D Xunta de Galicia. Rexistro 2009/PX066-1).

- Directora do proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”, que se leva a cabo dende 2012 no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Investigadora Principal do Proxecto “LITER21. Consolidación e estructuración de unidades de investigacion competitivas (GPC)”, financiado pola Xunta de Galicia, Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para o ano 2012, desde 01 /01/2012 até 30/11/2014
(Ref/Cod. Organismo: CN 2012/003, Proxectos Plan Galego IDT, Rexistro 2012-PG130), organismo Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

- Investigadora Principal do Proxecto “Tematología y Métodos. Las guerras en la narrativa infantil y juvenil en el Marco Ibérico”, do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela, financido polo Ministerio de Economía y Competitividad, Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016 (Referencia: FFI2013-42702-P).

-  Investigadora Principal do Proxecto “LITER21. Consolidación e estructuración de unidades de investigacion competitivas (GPC)”, financiado pola Xunta de Galicia, Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para o ano 2014 (Ref. Organismo GPC2014/052, Proxectos Plan Galego IDT, Ref. Actividade 2014/PG076, organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).

- Ten recoñecidos tres tramos de investigación (Sexenios) polo seu labor investigador dende ano 1995 até o ano 2011.
 
- Supervisora externa do proxecto de investigación sobre clásicos da Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade do Minho (Portugal).

- Coordinadora Científica da "Área de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades a partir de 2015, responsabilizándome de todos os proxectos de Literatura que se realizan neste Centro.

 

                                    Teses de Doutoramento defendidas:

 

- Codirectora, co profesor Fernando Cabo Aseguinolaza, da tese de doutoramento:

  • Mónica Domínguez Pérez, “La traducción en el interior de las comunidades interliterarias específicas. El caso de la literatura infantil y juvenil en el ámbito español”. Esta tese foi lida na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o 28 de febreiro de 2008.


- Codirectora, co profesor Fernando Fraga Azevedo da Universidade do Minho, da tese de doutoramento:

  • Sara Raquel Duarte da Silva, “Presença e Significado de Manuel António Pina na Literatura Portuguesa para a Infância e a Juventude”. Defendida na Universidade do Minho o 21 de decembro de 2009.

- Directora da Tese de doutoramento de Isabel Mociño, “Estudo comparado da narrativa infantil de ficción científica nas literaturas galega e portuguesa”. Defendida no mes de xullo de 2011 na Facultade de Filoloxía.

- Membro do tribunal da Tese de doutoramento de Carina Miguel Figueiredo da Cruz Rosa Rodrigues, “Palavras e imagens de mãos dadas. A arquitetura do álbum narrativo em Manuela Bacelar”, dirixida pola profesora Ana Margarida Ramos. Defendida no Departamento de Ambiente e Ordenamento da Universidade de Aveiro (Portugal) o 12 de abril de 2013.

- Codirectora coa profesora Maria Conceição Meireles Pereira da Tese de doutoramento de Paula Raquel da Silva Patriarca de Oliveira Paiva Ribeiro, “O livro para crianças e joves em Portugal (1870-1940)”. Defendida na Facultade de Letras da Universidade do Porto (Portugal) o 16 de abril de 2013.

 

- Membro do tribunal de varias Teses de doutoramento defendidas en 2015: a de Ana Cristina Macedo, na Universidade dos Açores (Portugal), defendida o 16 de setembro; e a de Ana Fernández Mosquera, na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

- Directora da Tese de doutoramento de Mª Eulalia Agrelo Costas, “Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz”. Defendida o 14 de decembro de 2015 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Calificación Sobresaliente cum laude.

- Codirectora coa profesora Sara Reis da Silva da Tese de Doutoramento de Mª del Carmen Ferreira Boo, Reescrituras do conto de transmisión oral na Literatura Infantil e Xuvenil Galega”. Defendida o 18 de xaneiro de 2016 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Calificación Sobresaliente cum laude.

- Directora da Tese de doutoramento de Marta Neira Rodríguez, “Narrativa infantil e xuvenil en galego. Mulleres e Guerra Civil española (1936-1939)”. Defendida o 21 de xaneiro de 2016 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Calificación Sobresaliente cum laude.

 

 

- Directora das seguintes Teses de Doutoramento en curso:

  • Mónica Álvarez Pérez, “Educación literaria e Literatura Infantil e Xuvenil”. Tese inscrita na Universidade de Santiago de Compostela.

  • Vanessa Regina Ferreira da Silva, “A literatura xuvenil no Brasil e en Galicia. Premios literarios. Estudo comparativo”. Tese codirixida co profesor João Luís Ceccantini e inscrita na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Karina de Oliveira, “Producións literarias contemporáneas para mozos lectores e as súas temáticas: as realidades brasileiras e galega”. Tese inscrita na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Ánxela Rodríguez Rodríguez, “As representacións do xeo-espazo na narrativa xuvenil galega”. Tese inscrita na Universidade de Santiago de Compostela.

 

- Directora da tese de licenciatura de Eulalia Agrelo Costas intitulada “Aurelio Ribalta y Copete e a súa obra literaria”, defendida na Facultade de Filoloxía (USC, 2000).


- Directora dos seguintes Traballos de Investigación Titorizados (TITs): 
 

  • Alicia Munín Munín, “Os paratextos na literatura infantil e xuvenil galegas”, Universidade de Santiago de Compostela, 2003. 
  • Eulalia Agrelo Costas, “Os inicios da Literatura infantil e xuvenil galega á luz do comparatismo e da Teoría dos Polisistemas”, Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
  • Marta Neira Rodríguez, “A literatura nas publicacións periódicas compostelás do Rexurdimento. Aplicacións comparadas”, Universidade de Santiago de Compostela, 2005. 
  • Isabel Mociño González, “A incursión da ficción científica nos sistemas literarios portugués e galego. Aplicacións comparadas”, Universidade de Santiago de Compostela, 2006.
  • Vanessa Regina Ferreira da Silva, “Por dentro da arte: um estudo comparado de Amigos secretos (1996), de Ana Maria Machado, e A casa da luz (2002), de Xabier P. Docampo”, Universidade de Santiago de Compostela, 2010. 
  • Geovana Gentili Santos, “Quando dois clássicos se encontram: Charles Perrault (1628-1703) por Monteiro Lobato (1882-1948)”, Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Codirixido co profesor João Luis Ceccantini.
  • Mar Fernández Vázquez, “Carlos Casares no campo/sistema da LIX galega", Universidade de Santiago de Compostela, 2010.
  • Carmen Ferreira Boo, "O conto de transmisión oral na Literatura Infantil e Xuvenil galega (2000-2009): tipos de reescritura”, Universidade de Santiago de Compostela, 2010. 
  • Amaya Obata Mouriño de Almeida Prado, “Da adaptação à apropiação: Dom Quixote de Monteiro Lobato”, Universidade de Santiago de Compostela, 2010. 
  • Pilar Bendoiro Mariño, “A tradución de literatura infantil e xuvenil do inglés ao galego: Arthur Conan Doyle (1859-1930)”, Universidade de Santiago de Compostela, 2010.

 

- Director dos seguintes Traballos Fin de Máster (TFM):

  • Mónica Álvarez Pérez, “O Bosque animado: Implicacións didácticas do cinema na adquisición da competencia lecto-literaria”, Universidade de Santiago de Compostela, 2010.

 

- Directora dos seguintes Traballos Fin de Másteres Profesionalizadores: Máster de edición interuniversitario:

  • Patricia Sóñora Rey, “Edición dun libro de relatos xuvenís”, Universidade de Santiago de Compostela, xullo de 2010.
  • Hugo Todea Cabaleiro, “O neno robot. The Robot Boy. Idea orixinal de Hugo Todea Cabaleiro. Original idea by Hugo Todea Cabaleiro”, Universidade de Santiago de Compostela, setembro de 2010.
  • Raquel Amado Vila, “Adaptación de Vento ferido, de Carlos Casares para o lectorado xuvenil”, xullo de 2010.

 

- Máster en profesorado de ensino secundario obrigatorio e bacharelato. Formación profesional e ensinanza de idiomas:

  • Ana Graña Murujosa, “A educación en 4º de ESO e 2º de bacharelato. Da norma á práctica”. Xullo de 2011.
  • Carmen Coll Pons, “La educación literaria en un centro de Educación Secundaria: Análisis y Evaluación”. Xullo de 2011.
  • Verónica Hermida López, “A Literatura Infantil e Xuvenil na ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). Fixación do hábito lector”. Xullo 2011.
     

Traballos de Fin de Máster (TFM) en Estudos da Literatura e da Cultura

  • Ana Soares, O xeo-espazo na obra de Ana Saldanha. Traballo presentado e aprobado en setembro 2014. Cualificación Sobresaliente 9. Máster Estudos da Literatura e da Cultura.
  • Valeria Ribeiro Soarez, Educación literaria e Literatura Infantil e Xuvenil portuguesa nos centros de secundaria en Galicia. Traballo presentado e aprobado en setembro 2014. Cualificación. Notable 7. Master profesorado de secundaria. Lingua e Literatura.

 

- Traballos Fin de Grao en Mestre de Primaria:

  • Berta Dávila Fernández, “Educación literaria e poesía para a infancia: a produción poética de Antonio García Teijeiro na formación de lectores”. Maio de 2013.
  • Rebeca Ferrín
  • Ana Flores González, "Multiculturalismo e Literatura infantil e Xuvenil galega". Xullo de 2014.
  • Sandra Souto, "A música na obra infantil de Antonio García Teijeiro". Xullo 2014. Xullo de 2014.
  • Sonia Barcala Sanmarco, "Representación do xénero feminino en textos incluídos nos manuais de lingua e literatura do ensino primario". Xullo de 2014.
  • María Vázquez, "Representacións da discapacidade na literatura infantil galega no século XXI". Xullo de 2014.

- Traballos Fin de Grao en Mestre de Infantil:

  • -Ana María Martínez Bua, Educación literaria na aula de infantil. Unha proposta educativa a través do álbum literario. Xullo de 2014.


- Investigadora Principal (IP) da Red Temática LIJMI (Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico) financiada para a súa formación polo Ministerio de Educación y Ciencia (HUM2004-20052-E) (HUM2005-23895-E/FILO) e conformada no momento do financiamento polos seguintes investigadores dos ámbitos lingüísticos da Iberia:
Ámbito lingüístico castelán: Jaime García Padrino (Universidade Complutense de Madrid); Pedro Cerrillo Torremocha (Universidade de Castilla-La Mancha) e Mª Victoria Sotomayor Sáez (Universidade Autónoma de Madrid); ámbito lingüístico catalán: Teresa Duran (Universidade de Barcelona) e Gemma Lluch (Universidade de Valencia); ámbito lingüístico galego: María Jesús Agra Pardiñas e a Investigadora Principal; ámbito lingüístico portugués: José António Gomes (Escola Superior de Educação do Porto); ámbito lingüístico vasco: Mari Jose Olaziregi e Xabier Etxaniz (Universidade do País Vasco).

Outras investigadoras colaboradoras: Sara Reis da Silva (Universidade do Minho-Braga), Eulalia Agrelo Costas (USC), Adelina Guisande Couñago (USC), que causou baixa, e Isabel Mociño González (USC).

Posteriormente, produciríase a baixa no ámbito castelán de Jaime García Padrino e no catalán, de Teresa Duran. Tamén se incorporarían á Rede novos membros:

Ámbito castelán: Jesús Díaz Armas (Universidade de La Laguna); ámbito catalán: Ramón Llorens (Universidade de Alicante) e Caterina Valriu (Universidade das Illas Baleares); ámbito portugués: Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro) e o cambio de posición na Rede de Sara Reis da Silva unha vez que defendeu a súa tese de doutoramento.

Outros investigadores colaboradores que se incorporaron foron: Pilar Bendoiro Mariño (USC), Mar Fernández Vázquez (USC), Carmen Ferreira Boo (USC), José María Mesías Lema (USC), Marta Neira Rodríguez (USC) e Teresa Sixto Rey (USC) (esta última colaboradora posteriormente causou baixa por perder a súa condición de universitaria).

- Esta Rede dende xuño de 2007 ampliouse ao ámbito iberoamericano e, baixo a denominación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano”, incorporáronse a ela os seguintes investigadores iberoamericanos: João Ceccantini (UNESP. Universidade Estadual Paulista "Julio de Mesquita Filho"), Norma Chillemi de Lucero (Universidad Nacional de San Luis/Argentina), Magdalena Damaris Vásquez Vargas (Universidad de Costa Rica) e Laura Guerrero Guadarrama (Universidad Iberoamericana Ciudad de México)


- Coordinadora das seguintes reunións científicas da Red Temática de Investigación LIJMI: 

  • “Docencia, investigación y crítica en el marco ibérico. Los clásicos” (Santiago de Compostela, Biblioteca Nova 33, 22 e 23 de setembro de 2004).
  • “La formación literaria y lectora: multiculturalismo e identidades permeables” (Madrid, Facultad de Formación de Profesorado y Educación. Universidad Autónoma de Madrid, 15 de decembro de 2004).
  • “Docencia, investigación y crítica en LIJ (2004-2005). Multiculturalismo e identidades permeables” (Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro,7 e 8 de setembro de 2005).
  • “Andersen, Verne e a Actualidade. Versões, Adaptações e Recriações” (Porto, Biblioteca Pública Municipal de Almeida Garrett, 16, 17 e 18 de novembro de 2005).
  • “A Literatura Infantil ante o espazo universitario europeo: Accións e actividades” (Braga, Instituto de Estudos da Criança (IEC), 9 e 10 de febreiro de 2006).
  • “La Literatura infantil ante el sistema universitario europeo” (Madrid, Universidad Complutense, 24 e 25 de febreiro de 2006).
  • “Literatura infantil e xuvenil. Reflexións para salvar debilidades” (Santiago de Compostela, Facultade de Ciencias da Educación-Universidade de Santiago de Compostela, 12 e 13 de xuño de 2006).
  • “Docencia, investigación e crítica. Teatro infantil. Informes de literatura” (Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 5, 6 e 7 de setembro de 2006).
  • “Grandes autores para pequenos leitores. Novas actividades de LIJMI” (Porto, Biblioteca Almeida Garrett, 15 e 16 de novembro 2006).
  • “Estereotipos, arquetipos, prototipos en la Literatura Infantil y Juvenil. Acciones y actividades de LIJMI” (Madrid, Universidad Autónoma, 16 e 17 de febreiro de 2007).
  • “La guerra civil española en la narrativa infantil y juvenil. Muestra gallega a partir de los Informes de Literatura. Acciones y actividades de LIJMI” (Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 11, 12 e 13 de setembro de 2007).
  • “Temática para Curso de Formación Continua 2009. Novas actividades de LIJMI” (Porto, Biblioteca Almeida Garrett, 15, 16 e 17 de novembro de 2007).
  • “La poesía infantil. Siglo XXI. Muestra gallega a partir de los Informes de Literatura. Acciones y actividades de LIJMI” (Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 9, 10 de setembro de 2008).
  • “Reescrituras actuales del cuento popular. Siglo XXI. Muestra gallega a partir de los Informes de Literatura. Acciones y actividades de LIJMI” (Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 8 e 9 de setembro de 2009).
  • “El álbum infantil. Muestra gallega a partir de los Informes de literatura. Acciones y actividades de LIJMI” (Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 6 e 7 de setembro de 2010).
  • “Narrativas juveniles en el siglo XXI (2000-2010). Tendencias y corrientes”. Muestra gallega a partir de los Informes de Literatura. Acciones y actividades de LIJMI” (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 6 e 7 de setembro de 2011).
  • “Los Premios Nacionales de Literatura Infantil y Juvenil. Canonización”. Muestra gallega a partir de los Informes de Literatura. Acciones y actividades de LIJMI” (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 5 e 6 de setembro de 2012).
  • "Inmigración/Emigración e identidad en la Literatura Infantil y Juvenil” (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 8 e 9 xullo de 2013).
  • “Obras inolvidables na Literatura Infantil e Xuvenil. Visións do feminino” (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 30 xuño e 1 xullo de 2014).
  • “Obras imprescindibles para o Ensino Primario e Secundario sobre conflitos bélicos” (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 13 novembro de 2015).

 

- Membro de equipos ou comisións de organización, comités científicos ou secretarías de congresos, encontros, seminarios, etc.:

  • II Congreso de Literatura Infantil y Juvenil “Historia crítica de la literatura y la ilustración ibéricas”, celebrado en Cáceres do día 3 ao 6 de decembro de 1998.
  • Congreso hispano-luso de literatura infantil y juvenil “Narrativa y promoción de la lectura en el mundo de las nuevas tecnologías”, celebrado en Santiago de Compostela en setembro de 2002.
  • I Encontro de Investigadores de Literatura Infantil e Xuvenil do Marco Ibérico, celebrado no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, os días 2, 3 e 4 de febreiro de 2004.
  • X Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil, celebrados no Porto os días 10, 11 e 12 de novembro de 2004.
  • III Congreso Ibérico de Literatura Infantil y Juvenil “Lectura, identidades y globalización”, celebrado na Universitat Politécnica de Valencia do día 27 ao 30 de xuño de 2005. 
  • XI Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil, celebrados no Porto os días 16, 17 e 18 de novembro de 2005.
  • V Seminario Internacional “Lectura y Patrimonio. Literatura infantil: nuevas lecturas y nuevos lectores”, celebrado en Cuenca na Facultade de Ciencias da Educación e no CEPLI (UCLM), los días 25 a 27 de outubro de 2006.
  • XII Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil, celebrados no Porto os días 15, 16 e 17 de novembro de 2006.
  • II Congreso de Literatura Infanil y Juvenil “Leer/Placer”, organizado polo Grupo Editorial Luis Vives e celebrado en Baeza (Jaén) os días 26 e 27 de outubro de 2007.
  • XIII Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil, que se celebraron no Porto os días 15, 16 e 17 de novembro de 2007.
  • V Congreso ANILIJ “Identidad/es”, que se celebrou na Universidade de León os días 21, 22 e 23 de novembro 2007.
  • IV Congreso Ibérico de OEPLI “Leo diferente: el libro infantil y juvenil desde la diversidad cultural”, celebrado en San Sebastián os días 3, 4 e 5 de xullo de 2008.
  • XIV Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil, celebrados en Porto os días 14 e 15 de novembro de 2008.
  • 19th Congress of International Research Society for Children’s Literature “Children’s Literatura and Cultura Diversity in the Past and the Presente”, 8-12 agosto 2009.
  • XV Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil, celebrados en Porto os días 13 e 14 de novembro de 2009. 
  • VI Congreso Internacional de la Asociación de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil “La oralidad y el mito. Rescate de la imaginación infantil y juvenil en el siglo XXI”, que se celebrou en México os días 24-27 de novembro de 2009.
  • 32º Congreso Internacional de IBBY “A forza das minorías”, que se celebrou en Santiago de Compostela os días 8-12 de setembro de 2010.
  • XVI Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil que se celebraron en Porto os días 12 e 13 de novembro de 2010.
  • Membro do Comité Científico do I Colóquio Internacional “Literatura Infantil e Mundo Globalizado”, que se celebrou no Instituto de Educação da Universidade do Minho (Braga) os días 28 e 29 de xaneiro de 2011.
  • Membro do Comité científico do Encontro “Investigar en Literatura Infantil y Juvenil”, que se celebrou na Facultad de Ciencias de la Educación y Humanidades de Cuenca os días 10 e 11 de marzo de 2011.
  • Coorganizadora, con Veljka Ruzicka Kenfel, do primeiro seminario "Cómo realizar un corpus narrativo sobre la Guerra Civil Española en España y Europa: fuentes", que se celebrou na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o 6 de abril de 2011.
  • Membro do Comité Científico do II Simposio Internacional sobre perspectivas de investigación e innovación didáctica en formación receptora: “Leer Hipertextos”, que se celebrou en Barcelona os días 28-31 de setembro de 2011.
  • Coorganizadora, con Veljka Ruzicka Kenfel, do segundo seminario "La Guerra Civil española en la LIJ de España y Europa: estado de la cuestión", que se celebrou na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o 11 de outubro de 2011.
  • Membro da Comisión Organizadora dos 17os Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil “O álbum na literatura para a infância”, celebrados na Escola Superior de Educação do Porto os días 2 e 3 de decembro de 2011.
  • Membro do Comité Organizador das II Jornadas Internacionales de Crítica e Investigación en Literatura Infantil y Juvenil “La familia en la Literatura Infantil y Juvenil”, organizadas polas asociacións ANILIJ e ELOS e celebradas na Facultad de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo os días 10-11 de maio de 2012.
  • Membro do Secretariado e do Comité Organizador do Seminario/Workshop Internacional “A Literatura Xuvenil e os premios literarios a debate”, que convocaron o grupo de investigación LITER21(GI-1819), a Rede Temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e que se celebrou no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades os días 5-6 de setembro de 2012.
  • Membro do Comité Científico das I Jornadas Internacionales de Literatura Infantil y Juvenil, Promoción de la Lectura y Prácticas Educativas, que convocaron a Escuela Universitaria CEU de Magisterio de Vigo e a Rede Temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) e que se celebraron na Escuela Universitaria CEU de Magisterio de Vigo os días 15, 16 e 17 de novembro de 2012.
  • Membro da Comisión Organizadora dos 18os Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil “Literatura para a Infância e a Juventude e Educação Literária”, organizados por LITER21 (USC), a Rede Temática de investigación LIJMI, a Asociación Gallego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil ELOS (secção de ANILIJ), a revista Malasartes – Cadernos de Literatura para a Infância e a Juventude e o Institut Français du Portugal e que se celebraron na Escola Superior de Educação do Porto os días 6 e 7 de decembro de 2012.
  • Membro do Comité organizador das III Jornadas Internacionales de Crítica e Investigación en Literatura Infantil y Juvenil “¿Me traduces una historia?: la traducción en ámbito infantil y juvenil”, organizadas por ANILIJ-ELOS-DIT, celebradas na Aula Magna Scuola di Lingue e Letterature, Traduzione e Interpretazione Vicepresidenza – Sede di Forlì, Università di Bologna, os días 25, 26 e 27 de marzo de 2013.
  • Membro do comité científico do III Simposio Internacional sobre perspectivas de investigación e innovación en formación receptora “Redes hipertextuales en el aula. La educación literaria y la e-literatura desde la minificción”, organizado polo Grupo de Formación Receptora: Análisis de Competencias (FRAC), o Departament de Didàctica de la Llengua i la Literatura, a Facultat de Formació del Professorat de la Universitat de Barcelona, en colaboración co ICE da UB, e que se celebrou en Barcelona os días 25, 26 e 27 de setembro de 2013.
  • Membro do Comité científico do Tercer Simposio Internacional en Cultura Infantil y juvenil: Diversas lecturas del arte, organizado polo Departamento de Letras da Universidad Iberoamericana Ciudad de México (México) e que se celebrou nesa Universidade do 3 ao 5 de novembro de 2014.
  • Membro da presidencia da Comisión Organizadora, con José António Gomes, dos 20º Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil "De como a Literatura para a Infância e a Juventude «é chamada à guerra", Porto (Portugal), 12-13 decembro 2014.
  • Membro do Comité científico da 11 th The Child and the Book Conference, centrada na temática “Children’s Literature: Fractures and Disruptions”, organizada polo Departamento de Educación da Universidade de Aveiro (Portugal) e que se celebrou nesa Universidade do 26 ao 28 de marzo de 2015.
  • Membro do Comité Científico das “II Jornadas Internacionales de Literatura Infantil y Juvenil en diversas áreas del conocimiento: valores educativos”, organizadas pola Escola de Maxisterio CEU-Vigo, e que se celebraron en Vigo os días 6 e 7 de abril de 2015.
  • Membro do Comité Organizador do X Congreso Internacional da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ), centrado en “Nuevos temas en la LIJ: Muerte, Naufragios, Guerras, Desastres... en la Tierra y en el Mar”, organizado pola citada ANILIJ da Universidade de Vigo e que se celebrou na cidade de Vigo os días 23 e 24 de abril de 2015.
  •   Membro do Secretariado e Comité Organizador do Seminario/ Workshop Internacional “Obras imprescindibles para o Ensino Primario e Secundario sobre conflitos bélicos”, celebrado no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 13 novembro 2015.
  •  Membro da Presidencia, con José António Gomes, da Comisión Organizadora dos 21os Encontros Luso-Galaicos do Livro Infantil e Juvenil “Memória(s) e identidade(s)”, Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto, Portugal, 4-5 decembro 2015.

 

                            PARTICIPACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

 

PARTICIPACIÓN EN PROXECTOS DE I+D FINANCIADOS EN CONVOCATORIAS PÚBLICAS

 

- Proxecto “Estratexias para a docencia universitaria: A utilización pertinente de obxectos de aprendizaxe no deseño de propostas de ensinanza para a web. MOREA”, cuxa investigadora responsábel foi Adriana Gewerc Barujel.

Financiamento: Ministerio de Educación y Ciencia. Proxecto financiado pola Secretaría de Estado de Universidades e Investigación no seu programa de “Estudio y Análisis” (Convocatoria 2/11/2004, BOE 22/11/2004). Referencia EA2005-06/61.

Posto: Membro do Grupo LITER21 dende 2005 a 2006.


- Red Temática de Investigación “Las Literaturas infantiles y juveniles del Marco Ibérico (LIJMI) su influencia en la formación literaria y lectora”.

Financiamento: Ministerio de Educación y Ciencia-Dirección General de Investigación (HUM2004-20052-E), anos 2004-2005, (HUM2005-23895-E/FILO), anos 2005-2007.

Financiamento: Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (2009/RC072), ano 2009.

Posto: Investigadora Principal.


Unidade de Investigación “Literaturas infantís e xuvenís e a súa tradución”, cuxa investigadora responsábel foi Veljka Ruzicka Kenfel.

Financiamento: Xunta de Galicia. Axudas para a estruturación de unidades de investigación en Humanidades e Cienciais Sociais. (Referencia: 2006/48-0; Clasificación orgánica H704).

Posto: Membro dun dos grupos de investigación dende 2007.


- Proxecto coordinado “A Guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil (1978-2008) nas linguas de España”, cuxa investigadora responsábel é Blanca Ana Roig Rechou.

Financiamento: Xunta de Galicia. Axudas para proxectos de investigación básica. (Referencia/ código Organismo: INCITE09 214 089 PR, Rexistro 2009/PX066-1).

Posto: Investigadora Principal (02/12/2009-01/12/2012).

 

Proxecto “LITER21. Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas” (GPC).

Financiamento: Xunta de Galicia. Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia, para o ano 2012.

Posto: Investigadora Principal (01/01/2012-31/11/2014).

 

Proxecto “LITER21. Consolidación e estructuración de unidades de investigacion competitivas (GPC)”.

Financiamento: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para o ano 2014. (Ref/Cod. Organismo: Ref. Organismo GPC2014/052, Proxectos Plan Galego IDT, Ref. Actividade 2014/PG076)

Posto: Investigadora Principal (17/10/2014-30/11/2016).


- Proxecto “Tematología y Métodos. Las guerras en la narrativa juvenil en el Marco Ibérico”.

Financiamento: Ministerio de Economía y Competitividad. Ayudas públicas del Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia, en el marco del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016, convocatoria 2013, modalidad 1: Proyectos de I+D, del Programa Estatal de Fomento de la Investigación científica y técnica de excelencia, Subprograma de Generación del Conocimiento. (Referencia: FFI2013-42702-P)

Posto: Investigadora Principal (01/01/2014-31/12/2016).

 

 

PARTICIPACIÓN EN CONTRATOS CON EMPRESAS E/OU ADMINISTRACIÓNS

- "Inventario de voces para un Diccionario Galego de Literatura. Con claves bibliográficas para cada voz", dirixido por Anxo Tarrío Varela.

Financiamento: Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Política Lingüística).

Posto: Membro do equipo redactor, 1989.


- Proxecto “Dicionarios”, dirixido por Anxo Tarrío Varela.

Financiamento: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria).

Posto: Coordinadora de área, dende 1995 á actualidade.


- Proxecto “Informes de Literatura”.

Financiamento: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria).

Posto: Coordinadora, 1995-1996// Directora, 1997 á actualidade.


- “Proxecto Galicia”, cuxo investigador responsábel foi Francisco Rodríguez Iglesias.

Financiamento: Hércules Ediciones.

Posto: Responsábel da realización dun apartado dende 2000 até 2002.


- “O Camiño de Santiago na literatura infantil e xuvenil en galego”

Financiamento: Xunta de Galicia. Xerencia do Xacobeo.

Posto: Investigadora Principal, 2004-2005.

 

- Proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”.

Financiamento: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria).

Posto: Coordinadora, 2012 ata a actualidade.