Ir ao contido da páxina

Baixa do espazo das webs persoais

Como parte da finalización do proceso de renovación do sitio web institucional da USC, estamos a pechar espazos que, debido aos problemas de seguridade que ocasionan, supoñen un risco para o servidor. Este é o caso do antigo espazo de webs persoais (http://webspersoais.usc.es), en desuso actualmente na gran maioría dos casos. Por este motivo, dende 1 de marzo pecharase o servidor.

A páxina web actual, así como os modelos de visualización da información que contén, permiten aos usuarios contar con espazos propios como son, por exemplo, as fichas individuais do Portal da Investigación da USC (https://investigacion.usc.gal). Ademais, nos vindeiros meses poñerase en funcionamento un novo servizo que combine a información individual do Portal da Investigación coa relativa ao ámbito académico.

Se precisa realizar calquera consulta, ou resolver calquera dúbida a respecto deste proceso, pode dirixirse a melloras.comunicacion@usc.gal.