foto_blanca

 

 BLANCA-ANA ROIG RECHOU

ID orcid.org/0000-0003-0326-4311

 

Categoría profesional actual: Titular de Universidade (por equivalencia de Catedrática de Escola Universitaria).

Área de coñecemento: Filoloxías Galega e Portuguesa.

Departamento: Filoloxía Galega.

Facultade:  Ciencias da Educación (Campus norte).

Docencia e liñas de investigación: 

  • Literatura Galega
  • Literatura Infantil e Xuvenil (LIX)
  • Literatura de transmisión oral

 

ACTIVIDADE INVESTIGADORA NA ACTUALIDADE:

Directora dos proxectos de investigación "Informes de Literatura" e "Investigar en Literatura Infantil e Xuvenil" e membro do proxecto "Dicionarios de Literatura", realizados no  Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Coordinadora da Red Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI), financiada para a súa formación polo Ministerio de Educación y Ciencia (HUM2004-20052-E) (HUM2005-23895-E/FILO).

Investigadora Principal do proxecto “LITER21. Consolidación e estructuración de unidades de investigacion competitivas (GPC)”, financiado pola Xunta de Galicia (Ref. Organismo GPC2014/052, Proxectos Plan Galego IDT, Ref. Actividade 2014/PG076).

Investigadora Principal do proxecto "Tematología y Métodos. Las guerras en la narrativa infantil y juvenil en el Marco Ibérico”, financiado polo Ministerio de de Economía y Competitividad, Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016 (Referencia: FFI2013-42702-P).

Presidenta da  Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil (ELOS) entre 2006 e 2012, en que pasou a ser vogal.

Presidenta da Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) dende o ano 2010.