Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Arturo Casas Vales

DIESTEANA

Páxina sobre a obra, o pensamento e a intervención pública de Rafael Dieste

  Rafael Dieste_Bs As_Foto Anatole Saderman

Rafael Dieste (1899-1981) é coñecido sobre todo como narrador e dramaturgo. Os relatos reunidos en 1926 baixo o título Dos arquivos do trasno e a comedia A fiestra valdeira, publicada un ano despois, tiveron notábel influencia no curso da literatura galega contemporánea. En 1927 ingresou na sección de Artes e Letras do Seminario de Estudos Galegos.

 

En 1917 viaxara a Tampico (México). En 1921 foi mobilizado pola Guerra do Rif e pasou dous anos no frente de batalla. Tras unha estadía na casa londinense do seu irmán Eduardo (1928), continuada brevemente en París, decide instalarse en Madrid (1930). A partir dese momento pasou a empregar case en exclusiva a lingua castelá como vehículo da súa escritura, sendo o libro de relatos Historias e invenciones de Félix Muriel (1943) o que maior repercusión alcanzaría. Desde 1936 desenvolveu unha intensa produción ensaística, con títulos como La vieja piel del mundo e Luchas con el desconfiado. A vocación filosófica e hermenéutica aparece igualmente na obra poética (Rojo farol amante, 1933) e na narrativa. Isto último constátase xa no Félix Muriel pero asenta sobre todo con La isla, de publicación póstuma aínda que escrita nos anos 50 en Buenos Aires.

 

Foi tamén crítico de arte, poeta e matemático. Desde mediados dos anos 20 elaborou unha relevante reflexión teórica referida ás artes plásticas, ao teatro e á literatura. Nese contexto, o seu pensamento estético, con clara proxección ética e política, constituíu unha das bases teóricas principais do Movemento Renovador da plástica galega. O perfil como “home de teatro” que tamén se lle recoñece (autor, escenógrafo, director, semiólogo...) alcanzou maior intensidade durante os anos da Segunda República, en parte debido á participación nas Misións Pedagóxicas e á dirección de institucións como o Teatro Español, pero tamén polos seus intereses teóricos, enfocados á renovación da escena europea por parte de Stanislavski, Dullin, Baty ou Craig, entre outros. Sobre as propostas deste último publicou en 1935 na revista P.A.N. a peza metateatral Revelación y rebelión del teatro. Durante a Guerra Civil, o compromiso antifascista materializouse na creación ou dirección de revistas como Hora de España e Nova Galiza. En varias destas tarefas contou coa colaboración directa da súa esposa, Carmen Muñoz Manzano (1906-2002).

 

Dieste dedicouse ao xornalismo nunha etapa inicial da súa vida profesional en medios como Galicia (1924-1925) e El Pueblo Gallego (1925-1926). O seu labor de columnista está parcialmente documentado na escolma Antre a terra e o ceo, publicada en 1981. Nos máis de vinte anos de exilio (transcorridos entre 1939 e 1961 en Arxentina, México, Francia e Reino Unido) desenvolveu tarefas como editor, tradutor, asesor artístico e profesor universitario en Cambridge, Monterrey e La Plata. Ademais, reescribiu a súa produción dramática anterior (incluída a obra para o Guiñol das Misións Pedagóxicas e a farsa tráxica Viaje y fin de don Frontán), ampliou os seus coñecementos musicais e dedicou boa parte do seu tempo á investigación matemática, da que sairían un total de tres libros entre 1956 e 1975 (Nuevo tratado del paralelismo, ¿Qué es un axioma? Movilidad y semejanza e Testamento geométrico).

 

Nos anos sesenta e setenta colaborou na fundación do Laboratorio de Formas de Galicia e noutros proxectos vinculados con Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, como Ediciós do Castro ou o Museo Carlos Maside.

Tortoni

 

 

 

 

 

 

 

 


 Produción crítica de Arturo Casas sobre Rafael Dieste

 

Libros

1. La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela (Lalia. Series Maior, 8), 1997.

2. Tentativas sobre Dieste, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995. Coordinación e edición do volume. Inclúe traballos de Xoán González-Millán, Anxo Tarrío Varela, Arturo Casas, Xoán-Luís Marín Escudero, Isaac Díaz Pardo, Estelle Irizarry, Ramón Nicolás, Ricardo Palmás, Francisco Sampedro, Dolores Vilavedra, Carlos Gurméndez, Anxo Abuín, Euloxio R. Ruibal, María López Sández, Darío Villanueva, Donatella Fornari, Julia Uceda, Gabriel Zaid e Luís Miguel Fernández.

3. Rafael Dieste, Obras Completas, vol. I (Narrativa e Poesía), Sada, Ediciós do Castro, 1995. Edición, introducións xeral e parcial, bibliografía, cronoloxía e notas. En colaboración con Darío Villanueva.

4. Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, Vigo, Galaxia, 1994.

5. Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-­1975), Ferrol, Sociedad de Cultura Valle-Inclán, col. Esquío, 1991. Edición, introdución e notas.

6. Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, Sada, Ediciós do Castro, 1990. Edición e introdución.

7. Rafael Dieste, El teatro en el arte y el arte del teatro. Edición, introdución e notas. Sevilla: Renacimiento. En proxecto.

 

Artigos, prólogos e outras publicacións

1. "Rafael Dieste, home de teatro". No prelo.

2. "O Euclides de Dieste, ou a xeometría irradiante. Prólogo a un libro necesario". Limiar ao libro de Xosé Díaz Díaz Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafael Dieste. Rianxo: Axóuxere, 2015, 7-15. Acceso en Issuu [03/06/2015]: http://issuu.com/axouxere/docs/dos_arquivos_xeometricos_xose_diaz.

3. "Filosofía de la historia en la ensayística de Rafael Dieste: La vieja piel del mundo (1936)". En J. L. Mora García, Delia Manzanero, Martín González e Xavier Agenjo (eds.), Crisis de la modernidad y filosofías ibéricas. Actas de las X Jornadas Internacionales de Hispanismo Filosófico. Madrid: Fundación Ignacio Larramendi, 2013: 83-117.

4. "El ensayo hermenéutico en la primera mitad del siglo XX. Dieste, Zambrano y el grupo de Hora de España". En Túa Blesa, Juan Carlos Pueo, Alfredo Saldaña e Enric Sullà (eds.), Pensamiento literario español del siglo XX. Vol. 6. Zaragoza: Universidad de Zaragoza, Anexos de Tropelías 17, col. Trópica, 2012, 27-48.

5. "Abstracción e mito. Traxectos de Rafael Dieste por tres continentes e dúas guerras (1917-1936)". En Carme Fernández Pérez-Sanjulián (ed.), Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936. A Coruña: Universidade da Coruña e Fundación Vicente Risco, 2011, 257-275.

6. "Dieste Gonçalves, Rafael", en Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García (coords.), Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego. Santiago de Compostela: Edicións Xerais e Consello da Cultura Galega, 2008, 91-97.

7. "Rozumowanie i rzeczywistość w opowiadaniach Z archiwów diaska", Studia Iberystyczne, 5 (2006), 21-42. Número monográfico Dziwne Światy Rafaela Dieste, da serie "Almanach Galicyjski", edición de Teresa Eminowicz-Jaśkowska e Maria Filipowicz-Rudek.

8. "Rafael Dieste: entre pensamento crítico e creación literaria", Rivista di Studi Portoghesi e Brasiliani: 9 (2006), 59-69. Número monográfico La letteratura galega (2), coordinado por Manuele Masini eAttilio Castellucci.

9. "Rafael Dieste", entrada correspondente ao "Lexikon zur Phänomenologie in Spanien", en Javier San Martín (Hrsg.), Phänomenologie in Spanien. Serie Orbis Phaenomenologicus. Würzburg: Verlag Königshausen & Neumann GmbH, 2005, 269-270.

10. "Aspectos da razón hermenéutica", en Xornadas sobre Rafael Dieste, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1999, 117-132.

11. "Rafael Dieste: reescritura dramática y teorización teatral", en Manuel Aznar Soler (ed.), El exilio teatral republicano de 1939, Barcelona, GEXEL-Universitat Autònoma de Barcelona, 1999, 233-246. Incorporado ao "Catálogo" da Biblioteca del Exilio da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, dirixida por Teresa Férriz e coordinada por Yolanda Santamaría.

12. "Os tratados sobre teatro de Rafael Dieste", Cuadernos de Estudios Gallegos, XLVI, 111 (1999), 327-346.

13. "A poesía de Rafael Dieste", en Rafael Dieste, Obras Completas, vol. I, Sada, Ediciós do Castro, 1995, 459-471.

14. "Elementos para unha teoría literaria", en Arturo Casas (coord.), Tentativas sobre Dieste, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995, 49-65.

15. "A obra literaria de Rafael Dieste", en Xosé L. Axeitos (coord.), Rafael Dieste 1899-1981. Unha fotobiografía, Vigo, Edicións Xerais, 1995, 163-175. En colaboración con Darío Villanueva.

16. "Autoelexía do ser. Sobre a función lírica en Dieste", Grial, 125 (1995), 5-24.

17. "Traxedia e farsa en Don Frontán", Revista Galega de Teatro, 11 (1995), dossier "Especial Rafael Dieste", coordinado por Manuel F. Vieites, 27-40.

18. "Introducción" a Arturo Casas (coord.), Tentativas sobre Dieste, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995, 7-11.

19. "Introducción" ás Obras Completas de Rafael Dieste, vol. I, Sada, Ediciós do Castro, 1995, 9-34. En colaboración con Darío Villanueva.

20. "Marcos cronolóxicos", en Rafael Dieste, Obras Completas, vol. I, Sada, Ediciós do Castro, 1995, 35-51. En colaboración con Darío Villanueva.

21. "Bibliografía de e sobre Rafael Dieste", en Rafael Dieste, Obras Completas, vol. I, Sada, Ediciós do Castro, 1995, 53-95. En colaboración con Darío Villanueva.

22. "Rafael Dieste: Bibliografía", Boletín Galego de Literatura, 12 (1994), 129-167.

pdf "Rafael Dieste: Bibliografía" [pdf - 2707 kb][Actualizado: 26/12/10]

23. "Estelle Irizarry, Estudios sobre Rafael Dieste", Boletín Galego de Literatura, 9 (1993), 134-136.

24. "Os irmáns Dieste e o grupo de P.A.N.", Boletín Galego de Literatura, 6 (1991), 83-94.

pdf "Os irmáns Dieste e o grupo de P.A.N." [pdf - 1431 kb][Actualizado: 26/12/10]

25. "La poesía, la memoria, el vaticinio", Documentos A, 1 (1991), número monográfico "Rafael Dieste. La creación como el puro amanecer constante de la palabra. Historias e invenciones, pensamientos y poéticas de la memoria", 114-117.

26. "Plenitud de la mirada. En torno al pensamiento estético de Rafael Dieste", prólogo a Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-1975), Ferrol, Sociedad de Cultura Valle-Inclán, Colección Esquío de Poesía, 1991, 9-18.

27. "Dieste, o hábito da razón", prólogo a Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, Sada, Ediciós do Castro, 1990, 5-32.

28. "Las artes del trasgo: Primeras ficciones de Rafael Dieste", Ínsula, 525 (1990), 29-30.

 

 

Misiones Debuxo de Mazas 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[Páxina aberta o día 26/12/2010] ♦ [Última actualización: 30/10/2013]

 

 

 

 

Debuxo de Cándido Fernández Mazas.