PÁXINA GONZÁLEZ-MILLÁN

Nota biográfica
Xoán González-Millán (1951, Ogrobe - 2002, Lexington, NY) estudou Filosofía nas Universidades de Santiago de Compostela e Comillas. En 1976 trasladouse a Estados Unidos, onde ocupou un posto de documentalista na Dag Hammarskjöld Library da ONU. En 1982 ingresou no Graduate Center da City University of New York (CUNY) para seguir estudos de mestrado. Doutorouse en Literaturas Hispánicas coa tese Proceso textual y desintegración narrativa en la novelística de Álvaro Cunqueiro (1987). Desde 1985 ocupou en Hunter College (CUNY) un posto de profesor no Departamento de Linguas Románicas, do que posteriormente sería director e catedrático de Literaturas Hispánicas. En 1985 participou en Orono (Maine, EUA) na fundación da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que presidiría uns anos despois. Coordinou a Cátedra de Estudos Galegos do Graduate Center da CUNY e desde 1992 dirixiu o Anuario de Estudios Literarios Galegos. Faleceu en accidente de tráfico o sábado 23 de novembro de 2002 xunto con Esperanza Caneda, a súa esposa, mentres se dirixían á casa que tiñan nos Montes Catskills, no estado de Nova York.
Na traxectoria de González-Millán destacan de maneira especial dous vectores que determinaron o proceso das súas investigacións socioculturais e literarias. O primeiro foi a preocupación por concretar un marco epistemolóxico e heurístico de natureza interdisciplinaria que supuxese unha actualización das pautas de estudo e análise nas coordenadas históricas da posmodernidade. O segundo, a vontade de proxectar e desenvolver unha planificación político-cultural, correlativa do que el mesmo designaba como “ideario utópico-proxectivo”, fundamentada na intervención dos investigadores sociais no espazo público co fin de sinalar e abrir camiños novos de proveito para toda a colectividade sobre a base do rigor e dun efectivo compromiso histórico coa emancipación. Ningún destes dous vectores tivo unha aplicación exclusiva ás condicións que definen a realidade galega actual, pero é claro que na produción científica e no discurso crítico de González-Millán todo se perfilou sempre nesa dirección.
Esta páxina, en proceso aberto de mellora e ampliación, pénsase como unha homenaxe activa para favorecer a investigación e o debate sobre o pensamento de González-Millán e sobre as súas posíbeis aplicacións. Permanecerá activa en tanto non exista un espazo web institucional, á altura dos seus méritos intelectuais e académicos, onde se recaden datos como os aquí fornecidos, suficientes para recoñecer en González-Millán un dos máis significados nomes da teoría literaria contemporánea e en xeral da renovación dos estudos galegos no espazo académico internacional.
Bibliografía de Xoán González-Millán
Libros
1. Silencio, parodia e subversión: Cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea. Vigo: Xerais, 1991.
2. Álvaro Cunqueiro: Os artificios da fabulación. Vigo: Galaxia, 1991.
3. Álvaro Cunqueiro e Merlín e familia.Vigo: Galaxia, 1991.
4. Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990. Vigo: Xerais, 1994.
5. A narrativa galega actual (1975-1984). Unha historia social. Vigo: Xerais, 1996.
6. Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro. Santiago de Compostela: Fundación Alfredo Brañas, 1996.
7. Communication littéraire et culture en Galice. París: L'Harmattan, 1997. En colaboración con Antón Figueroa.
8. Resistencia cultural e diferencia histórica: A experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2000.
9. O Diccionario Enciclopédico de Eladio Rodríguez. A canonización lexicográfica da literatura galega. Vigo: Xerais, 2001.
Acceso á introdución do libro na Biblioteca Virtual Galega. Consulta: 31/12/2010.
Artigos e outras publicacións
“O problema nacionalista: novas realidades e novos conceptos”, Encrucillada, 8 (1978), 270-286.
“Proceso textual y fantasía en «El primer loco»“. En Actas do Congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela, 1986, t. I, 517-522.
“Fantasía y parodia: la subversión del texto narrativo en Las crónicas del sochantre”, Monographic Review / Revista Monográfica, III / 1-2 (1987), 81-99.
“Notas para una lectura marginal de En torno al casticismo y Luces de Bohemia”, Lexis. Revista de lingüística y literatura, 13 / 1 (1989), 117-133.
“Paul et Virginie / 'Pablo y Virginia': la manipulación paródica de la intertextualidad en Merlín y familia”, Bulletin Hispanique, 91 / 2 (1989), 447-466.
“James Joyce e a Xeración Nós”, Grial, 101 (1989), 29-46.
“Rosalía e a tradición poética da muller abandonada” [recensión de Lawrence Lipking, Abandoned Women and Poetic Tradition (1988)], Grial, 104 (1989), 574-577.
“Cantares gallegos: o rexurdimento dun sistema literario menor”. En Kathleen N. March (ed.), Homenaje a R. Martínez López. Sada: Ediciós do Castro, 1990, 23-31.
“La odisea de traducir el Ulysses de Joyce al gallego”, La Torre, 16 (1990), 489-509.
“Álvaro Cunqueiro y la subversión del discurso narrativo”, Revista Canadiense de Estudios Hispánicos, XIV / 2 (1990), 362-369.
“Álvaro Cunqueiro y Cervantes: juegos de erudición”, Anales Cervantinos, (1990), 28, 125-142.
“Bilingüismo catalán: prestixio, poder e marxinalidade” [recensión de Kathryn A. Woolard, Double Talk: Bilingualism and the Politics of Ethnicity in Catalonia (1989)], Grial, 105 (1990), 133-135.
“Álvaro Cunqueiro e Cervantes: xogos de erudición”, Grial, 110 (1991), 173-188.
“A narrativa de Cunqueiro, un mundo de ficción”. En Francisco Fernández del Riego et al. (eds.), Álvaro Cunqueiro 1911-1981: unha fotobiografía. Vigo: Xerais, 1991, 240-256.
“Unha etnopoética para unha literatura periférica”. En Antonio Carreño (ed.), Actas do Segundo Congreso de Estudios Galegos = Proceedings of the Second Galician Congress. Homenaxe a José Amor y Vázquez (Brown University, novembro 10-12, 1988). Vigo: Galaxia, 1991, 339-347.
“Nación e narración” [recensión de Homi Bhabha (ed.), Nation and Narration (1990)], Grial, 110 (1991), 312-314.
“Álvaro Cunqueiro, traductor de mil poetas”, Ínsula, 535 (1991), 10.
“Cronologías y temporalidad en la narrativa de Álvaro Cunqueiro”, Ínsula, 536 (1991), 13-15.
“A institucionalización do discurso literario galego (1975-1990)", Tropelías. Revista de teoría de la literatura y literatura comparada, 2 (1991), 49-69.
“Unha lectura de Bajtin” [recensión de Michael Holquist, Dialogism: Bakhtin and His World (1990)], Grial, 111 (1991), 482-484.
"Os siléncios da história literária galega e a tese de C. Rodríguez-Fer", A Nosa Terra, 470, 21 de marzo de 1991, 18.
“A configuración historiográfica dunha literatura marxinal”. En Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, 1992, 445-452.
“Galván en Saor: un exercicio de esquizofrenia narrativa”, Grial, 115 (1992), 386-402.
“A. Easthope: Literary into Cultural Studies. Routledge, Londres, 1991”, A Trabe de Ouro, 11 (1992), 105-109.
"
Valle-Inclán y la revista Nós",
Revista Hispánica Moderna, 45 / 1 (1992), 35-44. <http://www.hunter.cuny.edu/romancelanguages/repository/files/30203315.pdf>. Consulta: 03/01/2010.
“A poética do discurso narrativo na novelística de Álvaro Cunqueiro”. En Congreso Álvaro Cunqueiro. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, 1993, 303-317.
“As literaturas do 'Terceiro Mundo': os termos dunha polémica”, A Trabe de Ouro, 13 (1993), 67-77.
“Presentación”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 1992 (1993), 7-8.
“Anxo Rei Ballesteros. Loaira”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 1992 (1993), 200-202.
“Crítica textual” [recensión de Jerome J. McGann, The Textual Condition (1991)], Grial, 118 (1993), 282-284.
“A novela policial. Fragmento de Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa”. En Claudio Rodríguez Fer (ed.), Comentarios de textos populares e de masas. Vigo: Xerais, 1994, 193-229.
“Suso de Toro. Tic-Tac”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 1993 (1994), 240-243.
“David Lloyd: Anomalous States. Irish Writing and the Post-Colonial Moment”, A Trabe de Ouro, 21 (1995), 125-128.
“O discurso literario galego e a configuración dun espacio público nacional no primeiro tercio do século XX: un marco de reflexión”. En Arturo Casas (coord.), Tentativas sobre Dieste. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1995, 13-29.
“Loaira: A cartografía dun texto labiríntico”, Grial, 127 (1995), 345-369.
“Do nacionalismo literario á literatura nacional. Hipóteses de traballo para un estudio institucional da literatura galega”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 1994 (1995), 67-81.
“Valle-Inclán en A Nosa Terra. La actitud crítica de Vicente Risco”. En Nicasio Salvador Miguel (ed.), Letras de la España contemporánea. Homenaje a José Luis Varela. Alcalá de Henares: Centro de Estudios Cervantinos, 1995, 185-193.
“A cuestión dos xéneros na periferia literaria. Ámbitos de investigación”, A Trabe de Ouro, 23 (1995), 343-352.
“Libros prohibidos na Francia prerrevolucionaria [recensión de Robert Darnton, The Forbidden Best-Sellers of Pre-Revolutionary France (1995)], Grial, 130 (1996), 282-286.
"Arturo Casas. Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego", Anuario de Estudios Literarios Galegos 1995 (1996), 199-201.
“Castelao e as contradiccións dunha lectura galeguista de Valle-Inclán”. En Benigno Fernández Salgado (ed.), International Conference on Galician Studies (4. 1994. Oxford). Proceedings of the 4th Intenational Conference on Galician Studies. University of Oxford, 26-28 September 1994. Oxford: Oxford Centre for Galician Studies, 1997, 183-196.
“La Vie littéraire au Québec. III: 1840-1869” [recensión do volume coordinado por Maurice Lemire e Denis Saint-Jacques (1996)], A Trabe de Ouro, 29 (1997), 93-98.
“Publishing and Selling Galician Literature”, Galician Review, 1 (1997), 83-97.
"Antón Figueroa. Lecturas alleas. Sobre das relacións con outras culturas", Anuario de estudos literarios galegos 1996 (1997), 223-227.
“¿Etnia ou nación? Algúns desafíos na articulación conceptual do fenómeno nacionalitario”, A Trabe de Ouro, 32 (1997), 23-42.
“O criterio filolóxico e a configuración dunha literatura nacional”, Cadernos de Lingua, 17 (1998), 5-24.
“Notas para unha poética da desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro”. En Dieter Kremer (ed.), Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, 1998, 391-403.
“A reconfiguración do espacio literario galego actual: transformacións e desafíos”. En Manuel F. Vieites (ed.). Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-1995). Vigo: Xerais, 1998, 15-32.
“A teoría dos campos sociais en P. Bourdieu”. En Rosario Álvarez e Dolores Vilavedra (coords.), Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó Profesor Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 1999, t. I, 1213-1225.
“Notas para unha avaliación da teoría da cultura no modelo sociolóxico de Pierre Bourdieu”, Grial, 141 (1999), 111-132.
“Un cuarto de século literario (case todo un milenio)”. En Camilo Fernández (ed.), A lingua e a literatura galegas nos alicerces do terceiro rexurdimento (1976-2000) = La llengua i la literatura gallegues als inicis del tercer ressorgiment (1976-2000). Terrassa: UNED, 1999, 66-69.
“O século XIX no Diccionario Enciclopédico de Eladio Rodríguez”, Cadernos de lingua, 21 (2000), 5-24.
“¿Unha noite neo-milenaria?”, Grial, 145 (2000), 153-154.
“Discursos sociais e literatura nacional: unha proposta paradigmática (Galicia como referente)”, A Trabe de Ouro, 42 (2000), 163-177.
“Producción, clasificación e comercialización da literatura, os catálogos de Edicións Xerais de Galicia (1980-1995)”, Anuario de estudios literarios galegos 2000 (2001), 11-41.
“Soziale Diskurse und Nationalliteratur: Ein paradigmatisches Modell (unter besonderer Berücksichtigung der literarischen Diskurse in Galicien)”. En Javier Gómez-Montero (ed.), Minorisierte Literaturen und Identitätskonzepte in Spanien und Portugal: Sprache, Narrative Entwürfe, Texte. Darmstadt: Wissenschaftliche Buchgesellschaft, 2001, 3-39.
“Os problemas dunha lectura (poli)sistémica da literatura”. En Isabel Lozano-Renieblas e Juan Carlos Mercado (eds.), Silva. Studia Philologica in honorem Isaías Lerner. Madrid: Castalia, 2001, 301-313.
”As imaxes emerxentes dunha cultura pública galega: dificultades e desafíos”. En Víctor Fuentes (ed.), España plurinacional: Creación e identidades / Plurinational Spain: Creation and Identities. Letras Peninsulares (2002), 249-268.
"El exilio gallego y el discurso de la restauración nacional”, Arizona Journal of Hispanic Cultural Studies, 6 (2002), 7-24.
“Nacionalismo literario y teoría del campo literario: la experiencia gallega de las últimas décadas”. En Silvia Bermúdez, Antonio Cortijo Ocaña e Timothy McGovern (eds.), From Stateless Nations to Postnational Spain / De naciones sin estado a la España postnacional. Boulder: Society of Spanish and Spanish-American Studies, 2002, 223-236.
“Ecos do Rexurdimento cultural galego no epistolario de Menéndez Pelayo”, A Trabe de Ouro, 53 (2003), 13-37.
“Súa Ilustrísima Carlos Casares: a alegorización da historia”. En Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Henrique Monteagudo (coords.), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2003, 163-170.
“La reivindicación de un 'Diccionario gallego' en el siglo XIX”, Revista de dialectología y tradiciones populares, 58 / 2 (2003), 5-32.
“A constitución monumentalista do pasado”, A Trabe de Ouro, 54 (2003), 13-24.
“La articulación del discurso antológico gallego en el siglo XIX”, Bulletin of Hispanic Studies, 80 / 4 (2003), 485-508.
“Os 'prólogos' do Diccionario de Marcial Valladares”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 87-104.
“Contribución a unha sociocrítica das prácticas filolóxicas”. En Rosario Alvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Antón Santamarina (eds.), A lingua galega, historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional, 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega, 2004, vol III, 743-753.
“Lingua galega e literatura [Mesa redonda coordinada por Xoán González-Millán, coa participación de Darío Xohán Cabana, Antón Figueroa, Xosé L. Méndez Ferrín e Antón Reixa]”. En Rosario Alvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Antón Santamarina (eds.), A lingua galega, historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional, 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega, 2004, vol I, 65-96.
“E. Pardo Bazán y su imagen del 'Rexurdimento' cultural gallego en la Revista de Galicia”, La Tribuna, 2 (2004), 35-62.
“Exilio, literatura e nación”. En Xosé Manuel Núñez Seixas e Pilar Cagiao Vila (eds.), O exilio galego de 1936: Política, sociedade, itinerarios. Sada e Santiago de Compostela: Ediciós do Castro e Consello da Cultura Galega, 2007, 763-788. Edición en CD-ROM.
Bibliografía en pdf
2º edición: 03/06/2013.
Bibliografía de e sobre Xoán González-Millán (2ª ed.) [pdf - 44 kb]
Sobre a obra e a personalidade intelectual de Xoán González-Millán
Alonso Nogueira, Álex. ”Xoán González-Millán: obra aberta”, Grial, 157 (2003), 9.
Beltrán, Luis. "Idilio e nacionalismo”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 21-28.
Casas, Arturo. "A poética da lectura. Pluralidade e metaliteratura en Cunqueiro [sobre Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación, de Xoán González-Millán]”, Diario 16 de Galicia,”Galicia Literaria”, 81, 15 de febreiro de 1992, 2.
Casas, Arturo. “A teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (Para ler González-Millán)”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 29-38.
Casas, Arturo. "Xoán González-Millán: itinerarios teóricos“. En Helena González e María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos: Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península Ibérica. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: Ediciós do Castro, Asociación Internacional de Estudos Galegos e Universitat de Barcelona, 2007, 61-68.
Fernández Rei, Francisco. "Dez anos lembrando o amigo Xan González Millán... e o desastre do Prestige". A Trabe de Ouro: 92 (2012), 621-626.
Fonte, Ramiro. “O ensaio”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 1994 (1995), 151-155.
Forcadela, Manuel. “O ensaio no ano 2000”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2000 (2001), 249-261.
Fuentes, Víctor. "Xoán González-Millán y el nuevo hispanismo plural”. En Helena González e María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos: Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península Ibérica. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: Ediciós do Castro, Asociación Internacional de Estudos Galegos e Universitat de Barcelona, 2007, 73-75.
Gómez-Montero, Javier. "O paradigma galego nunha cartografía identitaria da poesía na península Ibérica: máis alá de minorización e normalización entre resistencia e institucionalización”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 221-240.
González Fernández, Helena. "Xoán González-Millán, terceiro presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos“. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos: Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península Ibérica. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: Ediciós do Castro, Asociación Internacional de Estudos Galegos e Universitat de Barcelona, 2007, 79-82.
Hooper, Kirsty. “Novas cartografías nos estudos galegos. Nacionalismo literario, literatura nacional, lecturas posnacionais”. Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2005 (2006), 64-73.
Lerner, Isaías. "Xoán González-Millán 1951-2002”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 15-17.
Noia Campos, Camiño. "A función da tradución nun sistema literario marxinal”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 105-119.
Noia Campos, Camiño. "Xan González-Millán, creador e director do Anuario de Estudios Literarios Galegos“. En Helena González e María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos: Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península Ibérica. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: Ediciós do Castro, Asociación Internacional de Estudos Galegos e Universitat de Barcelona, 2007, 57-60.
Rei Ballesteros, Anxo. "Carta inacabada a Xoán González-Millán. A propósito dunha recensión de Loaira”, Grial, 183 (2009), 56-65.
Rei-Doval, Gabriel. "A porta da amizade", Vieiros, 28 de novembro de 2002. <http://www.vieiros.com/nova/25874/a-porta-da-amizade>. Consulta: 03/06/2013.
Rei-Doval, Gabriel. "Unicornio albiazul en Manhattan“, Vieiros, 22 de maio de 2006. <http://vello.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=50098&Ed=1>. Consulta: 03/06/2013.
Schwartz, Lia. "Palabras de benvida”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 13-14.
Vega, Rexina R. “Xoán González-Millán.
A narrativa galega actual (1975-1985). Unha historia social”,
Anuario de Estudios Literarios Galegos 1996 (1997), 231-233.
Vilavedra, Dolores (coord.). "Entre o nacionalismo literario e a literatura nacional. Homenaxe a Xoán González-Millán”. Monográfico do Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004).
Vilavedra, Dolores. "Limiar” ao monográfico”Entre o nacionalismo literario e a literatura nacional. Homenaxe a Xoán González-Millán”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 9-11.
Vilavedra, Dolores. "Na lembranza de Xoán González Millán", Blog Editorial Galaxia, anotación do 22 de novembro de 2012. <http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=17264>. Consulta: 03/06/2013.
Son numerosos os traballos académicos inéditos que nos últimos quince anos veñen facendo referencia á dimensión teórica de González-Millán, cando menos no marco dos programas de doutoramento e dos actuais másteres da Facultade de Filoloxía da USC. Con probabilidade, ocorrerá algo semellante noutras universidades. Así mesmo, existe un número importante de publicacións que aplican conceptos ou discuten propostas concretas debidas a González-Millán. Na relación incorporada arriba só se indican referencias que estabelecen un diálogo directo e nalgún sentido preferente ou central co seu pensamento teórico, ou en todo caso que se ocupan da súa personalidade intelectual. O
Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002, ademais dos traballos especificamente recollidos na bibliografía, inclúe varios artigos que teñen presente a obra e o pensamento do teórico. Son os da autoría de
Itamar Even-Zohar, Antón Figueroa, Dolores Vilavedra, David García Vidal, Helena González Fernández, Manuel F. Vieites e Silvia Bermúdez.


Sitios con información sobre Xoán González-Millán
2. Lista electrónica Galician Studies do”Grupo González-Millán de Estudos Galegos”.
4. Vídeos de UVigo TV: Mesa redonda”O legado de González-Millán no pensamento galego do século XXI”, coordinada por Gabriel Rei-Doval (University of Wisconsin-Milwaukee) no marco do IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos.13-17 de xullo de 2009 (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo).
6. “Xoán González-Millán, estudioso de la cultura gallega”. Necrolóxica de Álex Alonso en El País (03/12/2002). <http://www.elpais.com/articulo/agenda/Gonzalez-Millan/_Xoan/Xoan/Gonzalez-Millan/estudioso/cultura/gallega/elpepigen/20021203elpepiage_10/Tes>. Consulta: 03/06/2013.
7. Folleto editado pola Comisión de Homenaxe a Xoán González-Millán con motivo do seu nomeamento como Fillo Predilecto de O Grove a título póstumo (2003).
8. Ligazóns a partir da anotación”Seis anos sen González-Millán” (19/11/2008) do blog Lándoas. Marxes de texto, de Artemio Lándoas (desactivado).
12. Anotación “O eco surdo de González-Millán” (05/05/2010), do blog Quantas letras para um rio, de Isaac Lourido e Cristina Martínez. <http://letrasparaumrio.wordpress.com/2010/05/05/o-eco-surdo-de-gonzalez-millan/>. Consulta: 06/03/2013.
13. “Xoan González Millán”. Galipedia. <http://gl.wikipedia.org/wiki/Xoán_González_Millán>. Consulta: 03/06/2013.

A información contida nesta páxina pode utilizarse e reproducirse libremente indicando a procedencia. Forma recomendada de cita:
Casas, Arturo (2013). "Páxina González-Millán". <http://webspersoais.usc.es/persoais/arturo.casas/XG-M.html>. Consulta: dd/mm/aaaa.
[Páxina aberta o día 27/12/2010] ♦ [Última actualización: 25/3/2022]