Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Arturo Casas Vales

Historia literaria e semiótica histórica

neihlg_marron

 

 

 

 

 

 

 IsaacLorena  Arturo Mario

 

 

 

 

 

 

 

NEIHLG, Núcleo de Estudos para a Innovación da Historia literaria galega, é un grupo de investigadores vinculados co programa de doutoramento Teoría da literatura e Literatura comparada da USC. Constituíuse no ano 2009, inicialmente por Arturo Casas Vales como coordinador, Isaac Lourido Hermida e Lorena Domínguez Mallo. Meses despois incorporouse Mario Regueira Fernández.

O NEIHLG fíxase dous obxectivos principais: a contribución ao debate sobre as alternativas heurísticas, metodolóxicas e discursivas da Historia literaria como disciplina tras a crise experimentada durante a maior parte do século XX e a aplicación dos resultados dese debate ao campo da historiografía literaria galega no momento presente. Isto último, no convencemento de que este campo en ningún caso debe ser alleo ao cuestionamento e rectificación de metodoloxías que xa cubriron o seu ciclo de validez epistemolóxica, cultural e mesmo política. 

Unha das necesidades para concretar ese segundo obxectivo é alcanzar un bo coñecemento do desenvolvemento histórico da Historia da literatura galega a partir do século XIX, das súas condicións de autonomía/heteronomía, dos seus presupostos imagolóxicos e identitarios, dos referentes metodolóxicos de fondo e do seu funcionamento social, institucional e académico. Son tarefas nas que o NEIHLG entende que é preciso traballar en equipo, cunha perspectiva ampla que teña presentes os procesos paralelos habidos noutros campos culturais próximos, noutras literaturas nacionais. Nesas coordenadas sitúase a tese de doutoramento de Isaac Lourido, As alternativas sistémicas da Historia literaria en situación de conflito cultural. Desenvolvimentos teóricos e modelos de renovación nos casos galego e quebequense, defendida no mes de xullo de 2011.

Algúns dos marcos teóricos cos que o NEIHLG dialoga de xeito preferente son a teoría crítica, a semiótica da cultura, as teorías empírico-sistémicas da literatura e da cultura, a socioloxía dos campos culturais, as novas teorías do discurso e a análise cultural. A produción teórica e analítica de Xoán González-Millán, Antón Figueroa, Elias Torres e o Grupo Galabra da USC constitúen referentes tidos moi en conta. Tamén o son as achegas metodolóxicas materializadas ao longo do último decenio polo grupo de investigación Teoría da literatura e Literatura comparada da USC, no que participan tres dos catro membros do NEIHLG. En particular, as vinculadas cunha serie de proxectos de investigación teórico-comparada coordinados por Fernando Cabo. Estes teñen como resultado máis recente e significativo a publicación do volume A Comparative History of Literatures in the Iberian Peninsula (Amsterdam: John Benjamins, 2010), con edición de Fernando Cabo, Anxo Abuín e César Domínguez.

Finalmente, e como non pode ser doutro xeito, o NEIHLG está particularmente atento, por unha banda, ao seguimento e análise das propostas historiográfico-literarias xerais ou parciais máis recentes, as que se foron concretando nos últimos trinta anos tras a fin da ditadura, debedoras todas elas do labor de Carvalho Calero. Interesan así mesmo, doutra banda, as variadas propostas que no campo académico internacional se veñen configurando desde finais do século XX baixo o rótulo de Estudos Galegos.

 

No NEIHLG avánzase neste momento na preparación de dúas teses de doutoramento dirixidas polo coordinador do grupo:

  • LORENA DOMÍNGUEZ: A construción do discurso historiográfico da literatura galega. Aproximación crítica.
  • MARIO REGUEIRA: A narrativa na reconstrución do campo literario galego de posguerra. Codirector da tese: Antón Figueroa Lorenzana (Dpto. de Francés e Italiano, USC

 

Outras teses en marcha dirixidas polo coordinador do NEIHLG que participan nalgún sentido dos obxectivos sinalados son as que están a escribir Iria Sobrino (referida aos manifestos artístico-literarios no campo cultural), Iratxe Retolaza (sobre historiografía literaria vasca) e Sabela López Pato (sobre discursos museolóxicos e museográficos en Galiza). Por outra banda, referida ao ámbito da hispanística do século XIX, con data de 17 de xullo de 2012 leu a súa tese Christopher H. George. O director foi Arturo Casas e o título Nineteenth Century Hispanism in the U.S.: The European Tradition of Literary Historiography and George Ticknor's History of Spanish Literature.

 

Publicacións e traballos académicos dos membros do NEIHLG sobre historia literaria e semiótica histórica

 

De Lorena Domínguez

A fundamentación dunha historiografía literaria: delimitacións e caracterización da literatura galega no discurso historiográfico (1862-1951). Traballo de Investigación Tutelado. Dir. Dr. Arturo Casas. Programa de Doutoramento Teoría da literatura e Literatura comparada da USC. Curso 2007-2008.

"A historia literaria como discurso multifuncional. Achega ás funcións asumidas pola historia da literatura galega durante o franquismo". Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies, B (2010). <http://www.galicia21journal.org/B/pdf/galicia21_2_Dominguez_Mallo.pdf>. Consulta: 11/01/2011.

"Leopoldo Pedreira Taibo, intuición historiográfica e virulencia crítica". Galicia 21. Journal for Contemporary Galician Studies, D (2012), 27-43. Monográfico Achegas á historiografía cultural nos estudos galegos, compilado por María do Cebreiro Rábade Villar. <http://www.galicia21journal.org/D/pdf/Galicia21_3_Dominguez.pdf>. Consulta: 17/01/2013.

 

De Isaac Lourido

Posibilidades e límites dunha historia literaria sistémica. Unha aplicación ao caso quebequés. Traballo de Investigación Tutelado. Dir. Dr. Arturo Casas. Programa de Doutoramento Teoría da literatura e Literatura Comparada da USC. Curso 2006-2007.

“La poesía gallega actual. Una visión panorámica”. Galerna, VI (2008), 29-41.
 
A História literária comparada: implicaçons políticas e resistências identitárias”. Cumplicidades comparatistas. Origens/Influências/Resistências. Actas do VI Congresso da Associação Portuguesa de Literatura Comparada / X Colóquio de Outono (Universidade do Minho, 6, 7, 8 de Novembro de 2008). Publicación on-line: <http://ceh.ilch.uminho.pt/pub_isaac_hermida.pdf>. Consulta: 12/01/2011.
 
“Un sitio na historia. Xosé María Álvarez Cáccamo: Espazos do poema. Xavier Rodríguez Baixeras: Bos tempos para a lírica. Manuel Forcadela: Sete leccións de poesía”, Grial, 186 (2010), 118-120.
 
“A planificaçom historiográfica em sistemas literários dependentes: consistência e alternativas no sistema literário galego”. No prelo.
 
"La crítica historiográfica de José Lambert. Hacia una Historia literaria del conflicto cultural". Fernando Rodríguez-Gallego e Sandra Schlumpf (eds.), Actas del IX Encuentro Hispano-Suizo de Filólogos Noveles (Santiago de Compostela, 9 y 10 de junio de 2011). Basel: Institut für Iberoromanistik der Universität Base, 2012, 151-162.

 "A planificaçom historiográfica em sistemas literários dependentes: Consistência e alternativas no sistema literário galego". Galicia 21. Journal for Contemporary Galician Studies, D (2012), 57-77. Monográfico Achegas á historiografía cultural nos estudos galegos, compilado por María do Cebreiro Rábade Villar. <http://www.galicia21journal.org/D/pdf/Galicia21_5_Lourido.pdf>. Consulta: 17/01/2013.

 

De Mario Regueira

"Unha historia recente" [recensión do libro de Miguel Louzao Letras de Cal na produción poética galega dos 90], Vieiros, "Cartafol de libros", 2007. <http://vello.vieiros.com/murguia/nova.php?Ed=38&id=56388&cm=1>. Consulta: 14/01/2011.

Autonomía e consagración na narrativa galega de posguerra. Traballo de Investigación Tutelado. Dir. Dr. Antón Figueroa. Programa de Doutoramento Teoría da literatura e Literatura comparada da USC. Curso 2008-2009.

"O problema vasco. Tradución e recepción da literatura vasca no sistema literario galego (2000-2009)", A Trabe de Ouro, 78 (2009), 241-248.

"A resistencia como tradición" [recensión do libro de Ricardo Gurriarán Inmunda escoria: A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela (1939-1968)],  A Trabe de Ouro, 83 (2010), 127-130.

 

De Arturo Casas

"Evidentia, deixis y enunciación en la lírica de referente histórico (La modalidad ehn-t)", en Fernando Cabo Aseguinolaza e Germán Gullón (eds.), Teoría del poema: La enunciación lírica, Amsterdam e Atlanta, Rodopi, 1998, 159-204.

"La función autopoética y el problema de la productividad histórica", en José Romera Castillo e Francisco Gutiérrez Carbajo (eds.), Poesía histórica y (auto)biográfica (1975-1999). Actas del IX Seminario Internacional del Instituto de Semiótica literaria, teatral y nuevas tecnologías de la UNED, Madrid, Visor, 2000, 209-218. 

"A crítica literaria na revista Nós. Pautas de canonicidade sobre a poesía galega coeva", en José Luís Rodríguez (ed.), Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, Parlamento de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela, 2000, t. II, 153-166. 

"Problemas de Historia Comparada: la comunidad interliteraria ibérica", Interlitteraria, 5 (2000), número monográfico "Culture and Nation at the Turn of the Millennium", coordinado por Jüri Talvet, 56-75. 

"A poesía galega entre 1916 e 1936", en Darío Villanueva (dir.) e Anxo Tarrío Varela (coord.), Historia da Literatura Galega [6 vols.], vol. III: O século XX. A literatura anterior á Guerra Civil, A Coruña, Hércules de Ediciones, 2000, cap. 2, 85-213 e 480-485 (bibliografía). [Existe tamén edición en castelán].

"Público e empresas editoras na poesía galega entre a fundación das Irmandades da Fala e a Guerra Civil". En Anxo Abuín González et al. (eds.), Homenaje a Benito Varela Jácome, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2001, 107-120.

"Antón Figueroa: Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia". A Trabe de Ouro, 49 (2002), 115-123.

"Seiva do logos. Integración do pensamento filosófico na poesía galega da segunda metade do século XX". Serta. Revista Iberorrománica de Poesía y Pensamiento Poético: 7 (2002-2003), 245-316.

"Sistema interliterario y planificación historiográfica a propósito del espacio geocultural ibérico", Interlitteraria, 8 (2003), 68-97.

"Diálogo con Mario J. Valdés sobre Hermenéutica e Historia comparada das literaturas e as culturas", Boletín Galego de Literatura, 30 (2003), 127-147.

pdf "Diálogo con Mario J. Valdés sobre Hermenéutica e Historia comparada das literaturas e as culturas" [pdf - 2190 kb][Actualizado: 26/12/10] 

"Proemio" a Arturo Casas (ed.), Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, Lugo, TrisTram, 2003, 7-56.

"A cuestión xeracional e o canon no marco dunha nova periodoloxía comparada", en Teresa Amado Rodríguez et al. (eds.), Iucundi acti labores. Estudios en homenaje a Dulce Estefanía Álvarez, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2004, 230-238. 

"A teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (Para ler González-Millán)", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002 (2004), 29-38.

 pdf "A teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (Para ler González-Millán)" [pdf - 53 kb][Actualizado: 29/12/10]

"Catro modelos para a nova Historia literaria comparada. Unha aproximación epistemolóxica", en Anxo Abuín González e Anxo Tarrío Varela (eds.), Bases metodolóxicas para unha Historia comparada das literaturas na península Ibérica. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2004, 45-71.

"Estatuto teórico-comparado da noción de literatura rexional", Proforma. Boletim do Centro de Formação Contínua de Viana do Castelo, 3 (2005), 108-111.

"La poesía gallega contemporánea y sus coordenadas ibéricas", Galerna. Revista Internacional de Literatura, 3 (2005), 99-114.

"Reconsideración de la Historia literaria comparada", Interlitteraria, 10 (2005), 74-91.

"'Local', 'Regional', 'Nacional', 'Mundial': Dimensões da História literária", en Maria da Penha Campos Fernandes (coord.), História(s) da Literatura. Actas do I Congresso Internacional de Teoria da literatura e Literaturas Lusófonas. Coimbra: Almedina e Universidade do Minho, 2005, 89-110.

"El eje local-mundial como reto para la Historia literaria", Tropelías. Revista de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada, 15-17 (2004-2006), 43-58.

"Literaturas nacionais e espacios interculturais. O modelo teórico de Dionýz Ďurišin no contexto da renovación da Historia literaria comparada", en Helena González e María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos: Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península Ibérica. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: Ediciós do Castro, Asociación Internacional de Estudos Galegos e Universitat de Barcelona, 2007, 519-530 (edición en DVD).

"De Pondal a Novoneyra: o proceso xeracional en tanto foco poetolóxico". En Francisco Fernández Rei et al. (eds.), A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín. Santiago de Compostela e Vigo: Sotelo Blanco e Edicións Xerais, 2008, 133-138.

"Constituiçom de umha História literária de base sistémica: o sistema cultural como objecto de análise histórica no programa de investigaçom de Itamar Even-Zohar". Veredas. Revista da Associação Internacional de Lusitanistas: 10 (2009), 25-54. Monográfico "Historiografia literária hoje: revisão, sentido e objectivos", coordinado por Elias J. Torres Feijó.

 pdf Constituiçom de umha História literária de base sistémica [pdf - 489 kb][Actualizado: 8/1/11]

"Entre Weimar e Albany. Programa e procesos de Torrente Ballester como historiador da literatura". La Tabla Redonda. Anuario de Estudios Torrentinos, 7 (2009), 13-32.

 pdf Entre Weimar e Albany. Programa e procesos de Torrente Ballester como historiador da literatura [pdf - 255 kb][Actualizado: 8/1/11]

"Paratext i nació. Lectura comparativa d’allò nacional en els pròlegs de la historiografia literària ibèrica de l’últim quart del segle XX", en Maria Muntaner, Mercè Picornell, Margalida Pons e Josep Antoni Reynés (eds.), Transformacions. Literatura i canvi sociocultural dels anys setanta ençà. Valencia: Universitat de València, 2010, 95-118.

"Iuri Lotman y la semiosis histórica ante el historicismo (Un debate europeo del siglo XX)", Interlitteraria, 15 / 1 (2010), 21-42.

"O compromiso como posición no campo cultural. Luís Seoane no campo cultural galego". En Ramón Villares (ed.), Emigrante nun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina. Actas do Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia - Arxentina: unha dobre cidadanía. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011, 311-337.

"Producing World and Remnant. Dialogue with Chus Pato". En Cornelia Gräbner e Arturo Casas (eds.), Performing Poetry: Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance. Amsterdam e Nova York: Rodopi, col. Thamyris / Intersecting, 24, 2011, 133-150.

"Sistema/campo literario e literatura nacional como obxectos historiográficos: Perspectiva sociolóxica perante o caso galego". Galicia 21. Journal for Contemporary Galician Studies, D (2012), 5-26. Monográfico Achegas á historiografía cultural nos estudos galegos, compilado por María do Cebreiro Rábade Villar. <http://www.galicia21journal.org/D/pdf/Galicia21_2_Casas.pdf>. Consulta: 17/01/2013.

"Apories de l'espai literari ibèric. Sistema interliterari i planificació historiogràfica en l'espai geocultural ibèric". L'Espill, 44 (2013), 107-126. Dossier Camp literari i espai polític a Europa, coordinado por Antoni Martí Monterde (pp. 72-155). É tradución de Anna M. Iglesia Pagnotta sobre o artigo "Sistema interliterario y planificación historiográfica a propósito del espacio geocultural ibérico", Interlitteraria, 8 (2003), 68-97.

 

 

  

 

animalario28a

 

Actualizada:

10/01/2014