Director do equipo que elaborou no ano 1987 o "Inventario de voces para un Diccionario de Literatura Galega", subvencionado pola Xunta de Galicia.
Director dos proxectos titulados "Diccionarios de literatura" e "Bibliografía da literatura galega", que están a desenvolverse no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.
Membro do Equipo Glifo, que está elaborando un Diccionario de termos literarios no Centro Ramón Piñeiro. O resto do equipo compóñeno Anxo Abuín González, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo Casas Vales, Blanca-Ana Roig Rechou e Darío Villanueva Prieto.
Investigador colaborador do proxecto Bases metodolóxicas para unha Historia comparada das literaturas na Península IbéricaInvestigador principal: Fernando Cabo Aseguinolaza, 2001-2004. Ministerio de Ciencia y Tecnología: BFF-2001-3812, con participación dos Fondos FEDER da Unión Europea. Financiación ampliada pola Xunta de Galicia (Grupos de Excelencia), 2002-2005: PGIDIT02PXIC20401PN.
Director do Grupo de Investigación LITE XXI, rexistrado na Oficina de Investigación e Tecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. As liñas de investigación do Grupo, así mesmo aprobadas pola institución devandita, son: Análise comparativa de paratextos, Diccionarios de literatura, Informes anuais de literatura, Bibliografía da literatura galega e Historiografía literaria galega. O resto do grupo confórmano Mª Xesús Nogueira Pereira e Blanca-Ana Roig Rechou, , ambas profesoras da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración de Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño González e Xabier Campos Villar.