Saltar ao contido principal
Páxinas persoais  »  Angel Tarrio Varela

Carreira docente

 

  • 1968: Gañou a oposición a Mestre Nacional pero pediu no mesmo ano a excedencia no Corpo Nacional do Maxisterio.
     
  • 1973-1975: Profesor encargado de curso, nivel C, no Colexio Universitario de Lugo. Materia impartida: Lingua española.
     
  • 1975-1978: Profesor encargado de curso, nivel C, no mesmo Colexio. Materias impartidas: Lingua española e Crítica literaria.
     
  • 1978-1979: Profesor adxunto contratado no Colexio Universitario de Vigo. Materias impartidas: Lingüística e Lingua española.
     
  • 1979-1980: Profesor adxunto contratado no mesmo Colexio Universitario. Materias impartidas: Lingua e Literatura españolas.
     
  • 1980-1981: Profesor adxunto contratado no mesmo Colexio universitario. Materias impartidas: Lingua española e Crítica literaria.
     
  • 1981-1983: Profesor agregado interino na Faculdade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Materia impartida: Filoloxía galaico-portuguesa.
     
  • 1983-1984: idem, pero adscrito a Literatura galega. No ano 1984 pasa a ser Profesor titular numerario de Universidade na Área de coñecemento de Filoloxías galega e portuguesa. Exerce como tal na Faculdade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
     
  • Dende 1993, ano en que gañou por concurso-oposición a Cátedra de Filoloxías galega e portuguesa, vén exercendo a docencia de Literatura galega na mesma Faculdade.

 

 

Outras responsabilidades

 

  • En novembro de 1975 foi nomeado polo Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela Secretario do Colexio Universitario de Lugo.
     
  • En outubro de 1976 o mesmo Reitorado nomeouno Subdirector do devandito Colexio Universitario, cargo que abandonou en setembro de 1978, con motivo do seu traslado para o Colexio Universitario de Vigo.
     
  • Con data de abril de 1983 foi nomeado Secretario da Faculdade de Filoloxía de Santiago de Compostela, cargo que abandonou ao ano seguinte.
     
  • Dende 1984 a 1990 foi Coordinador do seminario permanente de literatura galega para o COU.
     
  • Dende 1995 é Director técnico da sección de Literatura do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, denominado dende 1998 Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
     
  • Dende a súa creación é vocal, a título individual e tamén en representación da Universidade de Santiago de Compostela, dos Patronatos das Fundacións "Vicente Risco" (Allariz-Ourense) e "Álvaro Cunqueiro" (Mondoñedo-Lugo).